- Pode alguén dicirlle a quen corresponda que pare xa de remexer? Que non abale máis, por favor. Que a parte central de Chile xa está suficientemente aderezada.
- Ata cando aturará o chamado clima social o actual cheiro a corrupción, a malversación, a prevaricacións varias, a filtracións próximas e a tráficos de influenzas nada inocentes? A tufarada, duns meses a esta parte, é moi forte e os "profetas" de oficio, pero tamén os de ocasión, tanto por escrito como verbalizadamente xa se atreven a citar ao monstruo dunha forma directa e explícita. A xente comeza a estar farta, sexa pola crise ou sexa pola impostura de ver a cotío como os espabilados se afanan sen pudor, amasando e cargando a plena luz do día. Fan unha explosión informativa controlada e esperan a que o seu efecto se esparexa ate facerse inócua. E, de momento, vailles funcionando¡
- Dentro de dous días terán que demostrar o seu poder, terán que mostrar todas as súas potencialidades. Parece ser que poderíamos asistir á reprodución dunhas condicións nunca antes experimentadas. Veremos se remexen ben.
Canto máis se avanza no coñecemento da materia, máis consciente eres do que ignoras. A ignorancia docta (consciente) substitúe á ignorancia indocta (inconsciente) e, en consecuencia, a ignorancia total mantense constante. Co coñecemento aumenta a ignorancia docta. "Se fosse possível explicar-te tudo, não precisarias de perceber nada"
27/3/10
Remexendo baixo terra
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
A praia
A praia pode ser ese lugar que observa o marido, descansado e compracido de que a súa muller se torre confortablemente ao sol ao carón de ou...
-
Era pola metade do serán. Nesa hora en que xa é tarde para tomar un café, un té ou unha copiña de licor pero aínda demasiado cedo para sabor...
-
Se temos en conta as previsións da maioría das enquisas e sobre todo a última do CIS de hoxe mesmo, resulta realmente sorprendente que Pode...
-
Se mal non lembro e os meus apuntamentos non me enganan, a primeira conferencia do extinto Clube nacionalista "Alén Nós" tivo luga...
No hay comentarios:
Publicar un comentario