Canto máis se avanza no coñecemento da materia, máis consciente eres do que ignoras. A ignorancia docta (consciente) substitúe á ignorancia indocta (inconsciente) e, en consecuencia, a ignorancia total mantense constante. Co coñecemento aumenta a ignorancia docta. "Se fosse possível explicar-te tudo, não precisarias de perceber nada"
Mostrando entradas con la etiqueta Camiñadas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Camiñadas. Mostrar todas las entradas
15/9/25
Un verán de camiñadas
O verán de 2025 foi de profundización e especialización de algo xa ensaiado no de 2024: o goce dunha serie de camiñadas máis ou menos diarias polas terras de Muros e Carnota como sana alternativa ás duras, e por veces perigosas, sesións de praia, sol e baño de outros anos.
Nesta nova andaina veraniega tiven a sorte de estar acompañado polos meus cuñados Fabio e Raúl, sobretodo por Fabio que se constituíu no fiel e certeiro acompañante na maioria das saídas. Se ben é certo que a forma física destes estaba, e está, moi por riba da miña, sobre todo a de Raul, que evidencia unha facilidade e preparación propias dun auténtico corredor de monte, elo non foi óbice para que puidésemos deselvolver as xornadas con eficacia e gozo, superando, ás veces, pequenos atrancos propios da faena.
Desta forma, nomes como o Monte Pindo, Monte Louro, Monte Naraio, A Torre dos Mouros, O Bico do Santo o Faro de Lariño ou as praias de Ximprón, Ardeleiro, Portocubelo, Cons, Mar de Lira, Carnota, San Mamede, Quilmas ... foron habituais nas nosas saídas pola comarca.
A vantaxe desde tipo de actividade con referencia á súa alternativa de praia pura e dura resulta evidente para persoas ás que os areais só lle pracen de forma moderada e puntual para pasear e tomar baños, mais na que un dos elementos máis significativos que actúan nos mesmos, o sol, constituíuse nos últimos tempos, para min, nun auténtico inimigo a combater e evitar, na medida do posible.
En resumo, este tipo de camiñadas son un complemento adecuado, alternativo, instrutivo e facilitador a outras actividades máis festivas e lúdicas das que, se acaso, falarei noutro momento.
Saude!
Location:
Carnota, 15293 Carnota, A Coruña, España
9/12/14
(Re)Descubrindo a Ribeira Sacra
O evento tivo un parto non exento de dificultades xa que fronte a alternativas máis distantes e, a priori interesantes, finalmente saíu triunfante aquela que viña avalada con promesas de ríos fermosos, monumentos ancestrais, bosques exuberantes e animados, montañas imponentes e rexas, muros de pedra labrada robustos, pousos e aromas de cidade pequena, cercana e, ao mesmo tempo, incerta, aires de vilas auténticas, parroquias e aldeas de intenso vigor e sabor.
Sabiamos, e agora sabemos aínda mellor, que o evento ofertaba unha contorna natural e paisaxística de primeira magnitude, que condensaba alimento físico e espiritual, intelecto e paixón, arte e tradicións, sensacións e reflexións.
Feita a cata, temos que dicir que para o viaxeiro atento destacan as construcións milenarias, os toques de cosmopolitismo, os filamentos de modernidade, a harmonía e estrutura de pedra asentada, a cromaticidade de córes distribuidas seguindo pinceladas de artista veterano, os sons debedores de compases sabios e, como era de agardar, aventuras imprevistas, auga, pan e viño. Sobre todo auga, pan e viño.
Como non podía ser doutro xeito fixemos unha rota de pequeno percorrido e grandes sensacións. De escasa dificultade mais de grande fermosura. No seu tránsito puidemos apreciar o traballo ben feito, o amor á terra e o agromar da riqueza a partir de excepcionais condicións naturais e contrastada sabiduría para transformar a posibilidade en realidade, o amorfo en estruturado o terruño abandonado en recuperado. E autenticidade, pois aínda observamos lavar as tripas_tempo de matanza_ nos regatos, como antano: avós, pais e netos colaborando, conservando tradicións, ensinando uns, aprendendo outros.
![]() | |
| O pozo onde poden beber as bestas, o pozo que da vida e, ás veces, morte. |
Durante a andaina topámonos con plantacións de árbores autóctonas, vistas espectaculares e panorámicas atraintes.
O rota ten un remate espectacular xa que o fai nunha fervenza dividida por tramos que morre no Sil entre macizos imponentes e rumores penetrantes.
Tamén visitamos unha adega chefiada por un bodegueiro-dandy que nos ilustrou, non de balde, sobre os coidados e características dos viñedos da zona. E na cidade que tomamos como base visitamos monumentos de realce e agasallamos ao noso corpo con esmeradas iguarias ben regadas con líquidos amorosos.
Infelizmente non puidemos facer uso da praia fluvial do cabo do fin do mundo, pero aí fica a referencia para tempos estivais.
O pai Miño, o caudaloso Sil, os bosques autóctonos e as igrexas, capelas e mosteiros foron os nosos acompañantes. Ficamos agradecidos.
En resumo: xornadas intensas, completas, variadas e agradables, estancia próxima e confortable, viaxes rápidos e dilixentes, andainas saudables, viandas variadas, no punto e ben preparadas, caldos_dos dous tipos_sabrosos e abondosos e, o máis importante, risas, ditos, acontecidos, anécdotas, festexos, celebracións sorpresa, reflexións... e todo baixo o abrigo do manto da amizade dándonos amparo e agarimo.
Portugal, por esta vez non puido ser, pero será.
Labels:
Camiñadas,
lecer,
reflexión.,
Viaxes
12/5/13
A rota do doutoramento
![]() |
| O plano |
A rota que sae da praia de Esteiro (en O Barqueiro) e chega ata Espasante (Ortigueira), baixando ás praias desde os cantís de Loiba e subindo de novo a eles despois de atravesar 4 areais (cómpre marea baixa), pasa por ser unha das mellores rotas que se poden facer no litoral galego. Para un afeizoado a facer camiñadas ben ser algo así como o doutoramento nas rotas feitas.
Dicía o eminente físico, e premio Novel de Física en 1969, Murray Gel-Mann, para salientar a importancia da Mecánica Cuántica, que ”Hai unha diferencia maior entre un ser humano que sabe Mecánica Cuántica (MC) e outro que non, que entre un ser humano que non sabe MC e os outros grandes simios”. Pois ben, despois de facer esta rota, penso que hai unha diferencia maior entre un camiñante que fixo esta rota e outro que non a teña feito, que entre un camiñante afeito a patear desde hai anos os máis variados camiños e aquel outro que realiza as viaxes dende a cadeira do cuarto de estar da súa casa vendo o canal temático "Viajar". Se xuzgan esaxero, pasen e vexan.
![]() |
| O monumento |
![]() |
| En contexto |
![]() |
| O ollo |
![]() |
| Os caprichos |
![]() |
| As pegadas |
Para acceder ás praias e extasiar con tanta beleza hai que baixar,
![]() |
| A baixada |
e logo subir,
![]() |
| A subida |
![]() |
| A beleza |
Grazas Xulio polo agasallo. Grazas Luís polo convite. E grazas tamén a Xurxo, Chema e Anxo pola partilla, e a Kiko pola hospitalidade.
![]() |
| A "Catedral" |
Ver Esteiro_Espasante en un mapa más grande
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
Experimento botánico (ou case)
A nosa pequena historia comeza no ano 1979 cando o meu pai prantou na casa que estaba construíndo unha palmeira. Cos coidados recibidos e co...
-
A praia pode ser ese lugar que observa o marido, descansado e compracido de que a súa muller se torre confortablemente ao sol ao carón de ou...
-
Era pola metade do serán. Nesa hora en que xa é tarde para tomar un café, un té ou unha copiña de licor pero aínda demasiado cedo para sabor...
-
O verán de 2025 foi de profundización e especialización de algo xa ensaiado no de 2024: o goce dunha serie de camiñadas máis ou menos diaria...

























