Pasou tanto tempo que nin me lembro se fostes herdadas. Posiblemente. En todo caso ese detalle carece de importancia, o realmente salientable son os moitos anos que durástedes, ás veces que vos usei nas máis complicadas condicións, ben é certo que só esporadicamente e para certos traballos. A vós o da obsolescencia programada dávos a risa. É natural, pertencedes a outro tempo. Sodes de outra feitura e condición, noble e auténtica. Deume un sentimento profundo ter que prescindir de vós. Mais, ben sabíades que cando permitístes que o líquido elemento perforase o material do que estábades feitas era só cuestión de tempo. Aínda ben, prorroguei o uso durante o verán sabendo que o tempo estaba rematado. Boa viaxe e agardo que coa reciclaxe teñades unha nova vida. Até Sempre!Canto máis se avanza no coñecemento da materia, máis consciente eres do que ignoras. A ignorancia docta (consciente) substitúe á ignorancia indocta (inconsciente) e, en consecuencia, a ignorancia total mantense constante. Co coñecemento aumenta a ignorancia docta. "Se fosse possível explicar-te tudo, não precisarias de perceber nada"
Mostrando entradas con la etiqueta frugalidade.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta frugalidade.. Mostrar todas las entradas
20/10/15
Misión cumprida
Pasou tanto tempo que nin me lembro se fostes herdadas. Posiblemente. En todo caso ese detalle carece de importancia, o realmente salientable son os moitos anos que durástedes, ás veces que vos usei nas máis complicadas condicións, ben é certo que só esporadicamente e para certos traballos. A vós o da obsolescencia programada dávos a risa. É natural, pertencedes a outro tempo. Sodes de outra feitura e condición, noble e auténtica. Deume un sentimento profundo ter que prescindir de vós. Mais, ben sabíades que cando permitístes que o líquido elemento perforase o material do que estábades feitas era só cuestión de tempo. Aínda ben, prorroguei o uso durante o verán sabendo que o tempo estaba rematado. Boa viaxe e agardo que coa reciclaxe teñades unha nova vida. Até Sempre!
Labels:
frugalidade.,
Reflexión,
sustentabilidade
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
Experimento botánico (ou case)
A nosa pequena historia comeza no ano 1979 cando o meu pai prantou na casa que estaba construíndo unha palmeira. Cos coidados recibidos e co...
-
A praia pode ser ese lugar que observa o marido, descansado e compracido de que a súa muller se torre confortablemente ao sol ao carón de ou...
-
Era pola metade do serán. Nesa hora en que xa é tarde para tomar un café, un té ou unha copiña de licor pero aínda demasiado cedo para sabor...
-
O verán de 2025 foi de profundización e especialización de algo xa ensaiado no de 2024: o goce dunha serie de camiñadas máis ou menos diaria...