Mostrando entradas con la etiqueta Literatura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Literatura. Mostrar todas las entradas

15/11/26

Libros que alimentaron en 2024

Estes foron os libros que lin, e nalgún caso relín, durante o ano 2024. Adoito ler simultaneamente a dos, tres ou catro títulos polo que hai unha mestura de xéneros e temáticas (prosa, poesía, ensaio). Gosto de ir combinando prosa e poesía, para "osixenar" a mente de cando en vez e tamén mesturar temáticas para que a lectura sexa, se cabe, máis pracenteira.

Hai algún título, pertencente ao clube de lectura, que non tería lido de ter plena liberdade de escolla, pero que, loxicamente, lin digamos que por "disciplina". En todo caso isto valeume para acceder a un tipo de pequena literatura, nalgúns casos lamento ter que dicir que nin iso, e poder coñecer obras, digamos que "diferentes", e reafirmarme na valía e aproveitamento das outras lecturas que cabalmente escollín con plena liberdade.

Algún dos libros lidos xa tiñan varios anos, por non dicir décadas, na miña biblioteca. Finalmente chegoulle a quenda da súa "degustación". Iso há pasar con moitos outros en vindeiros anos, se a saúde acompaña, naturalmente.

Non debe caber dúbida de que foi o Ulises de Joyce a lectura máis gratificante, á par que dificultosa con diferencia, de todas as que fixen. En todo caso non me arrepinto de ter acometido empresa de tal embergadura pois o goce foi grande. E o da súa parcial relectura, aínda maior. 

Recomendo, para un maior aproveitamento da monumental obra de Joyce ter lido, cando menos, o Retrato dun Artista Adolescente e Dublineses. Se ademais se acompaña con algún ensaio que trate da súa obra, como o de John Gross "Joyce" ou coa magna biografía de Richard Ellmann, pois aínda mellor.

Na app e sitio web de Bookshelf teño recollidas todas as lecturas que vou realizando e vounas clasifícando de acordo cos seguinte escala de uso persoal, moi persoal:

  • Obras mestras literarias (10)
  • Grande literatura (9)
  • Literatura (8)
  • Literatura menor (7)
  • Subliteratura (6)
  • Best Sellers (5)
  • Premios Planeta (4)
  • Bodrios (3)
  • Papel lixo (2)
  • Conxunto baleiro (1)
Debo dicir que nesta "colleita" de 2024 non houbo ningunha lectura que fora merecente dunha  das catro últimas categorías, o cal, por outra parte, non ten nengún mérito xa que non teño apetencias masoquistas e no clube de lectura manteñen afortunadamente un nivel mínimo de escolla.

Proximamente colgarei o post correspondente ás lecturas do ano 2025 e, a primeiros de xaneiro de 2027, en plena era de involución, reacción e martirio (vaites, vaites, fóra meigallo), as do ano en curso.

20/4/16

La franja

Este párrafo escrito por Antonio Muñoz Molina en su celebrado y premiado libro El invierno en Lisboa (Seix Barral, 1987) que a continuación paso a transcribir:

"Al tocar levantaban resplandecientes arquitecturas translúcidas que caían derribadas luego como polvo de vidrio o establecían largos espacios de serenidad que lindaban con el puro silencio y se encrespaban inadvertidamente hasta herir el oído y envolverlo en un calculado laberinto de crueldad y disonancia. Sonriendo, con los ojos entornados, como si fingieran inocencia, regresaban luego a una quietud como de palabras murmuradas. Siempre había un instante de estupor y silencio antes de que comenzaran los aplausos."

me parece un claro ejemplo de texto atrevido, sobre todo en su primera parte. Las metáforas son (resplandecientes arquitecturas translúcidas...polvo de vidrio...espacios de serenidad...laberinto de crueldad y disonancia), a la par que hermosas, arriesgadas, sobre todo si se condensan en tan breve espacio narrativo. 
A mi juício nos encontramos ante un ente literario que se aproxima temerariamente al límite del abismo: o lo consideramos sublime o ridículo, propio de un esnob.
Confieso que para hacerme una idea cabal del mismo tuve que leerlo varias veces, incluso creo que muchas veces. Y como quiera que cada vez que lo hacía disfrutaba con su lectura, no aminorándose este goce con las reiteradas atenciones, concluí que, para mi constituye un texto bello y literariamente hermoso. 
Ello no es óbice para que considere que si se produjesen unos mínimos cambios, mutilaciones e/o ampliaciones, podría transformarse con facilidad en uno decididamente ridículo. Así es la estrecha franja que separa lo valioso de lo prescindible. 

Libros que alimentaron en 2024

Estes foron os libros que lin, e nalgún caso relín, durante o ano 2024. Adoito ler simultaneamente a dos, tres ou catro títulos polo que hai...