14/7/12

Non por esperado deixa de ser lamentable

11/7/12

E o peor aínda está por vir...

Pois si, os señores de negro xa están aquí. A ninguén lle debera coller por sorpresa esta visita. Hai moito tempo que era unha situación anunciada. Só quen non quixo ser consciente da perspectiva social e económica dos últimos anos pode agora levar as mans á cabeza. E estes señores veñen para quedarse... por moito tempo. Un pequeno relato.
Pertenzo a unha xeración que aínda ten memoria histórica dos relatos de pais e avós sobre os tempos difíciles que se viviron nas décadas dos anos trinta e corenta do século pasado. Mesmo cheguei a ter experiencia indirecta de certas formas de miseria, escasez e privacións. Por esto non será moi complicado retomar actitudes e situacións do pasado para enfrontar, non con dificultades, os tempos difíciles que se aveciñan. O problema é para as xeracións máis novas, a dos meus fillos por exemplo, que non posúen estas vivencias, estes mecanismos de comprensión da realidade e, pola contra e afortunadamente, sempre viviron en ambientes de abundacia relativa e niveis de vida farturentos. Para eles o choque coas consecuencias sociais e económicas das medidas que se están a tomar para tratar de superar a grave crise que padecemos vai ser brutal e as dificultades para superalo enormes. Tantos recortes nos máis variados aspectos e campos non traerán, a curto prazo, nada bó e si moita desesperanza, angustia e atraso, moito atraso.
Moitos temos a impresión de que sempre se lle piden sacrificos aos mesmos, aos que máis doado e simple resulta facelo. E moitos tamén temos a certeza de que estes deberan repartirse dunha forma máis equitativa e proporcional entre todas as clases e sectores sociais e económicos. Os que moito teñen están a contribuír mínimamente e os que algo ou pouco atesouran fanno de forma inxusta e desproporcionada. Por todo elo precisamos políticos emprendedores, que se apliquen en carne propia as recetas que predican para o resto da sociedade. Políticos capaces de tomar as medidas necesarias para repartir con mediana xustiza as cargas que a crise nos presenta, que digan a verdade da súa actuación, que razoen e expliquen os cambios nas súas prácticas e que resistan as presións dos poderes fácticos ou ben que teñan a valentía de retirarse con dignidade. Políticos que tomen as decisións oportunas para permitir que os auténticos responsables da actual situación de ruína entren polo aro da xustiza e se enfronten á realidade das súas accións ou omisións.Nada diso parece ser que vai a acontecer. Consecuentmente, a sociedade corre o perigo real de atomizarse, de radicalizarse e, a seguir, de descompoñerse dadas as desigualdades brutais que se xenerarán e a percepción da grave inxustiza que se está a cometer. Até pode que aprezan fenómenos de anomia social. Cabdo falla a confianza e as máis elementais normas morais todo pode acontecer. A historia pode ensina a quen se deixa.
Mais, como é que puidemos pasar, en apenas uns anos, da fartura do cheque bebé para todos, con independencia da súa renda, á lastimosa situación actual de recortes reiterados dirixidos sempre aos mesmos sectores sociais? En qué cabeza cabe semellante enormidade! Canta xente con responsabilidades a diferentes niveis e sectores tiveron que realizar tan defectuosamente o seu traballo de dirección e control! Pero en qué país estamos! Algúns dirán nun cheo de lacazáns, pícaros, malandros e ladróns. E non lles faltará razón, á vista dos feitos.
E agora que? Que facer? Como encarar esta situación? Unha cousa teño razoablemente clara: non cos vellos métodos de loita e resistencia que teñen xa demostrado dabondo a súa ineficacia. Necesitamos inventar outros que dirixan a súa acción deica aos focos de poder responsables desta situación e causen aí o seu efecto. Para identificar a estes últimos parece que hai xa un consenso establecido. En todo caso, que confuso está todo.


Decisión

Se temos en conta as previsións da maioría das enquisas e sobre todo a última do CIS de hoxe mesmo, resulta realmente sorprendente que Pode...