20/7/08

Un sucedido (como calquera outro)



Era pola metade do serán. Nesa hora en que xa é tarde para tomar un café, un té ou unha copiña de licor pero aínda demasiado cedo para saborear unha cervexa, un viño ou unha copa.
A rúa estaba animada en alegre acompasar co tempo atmosférico.
Íamos pola beirarrúa e acadamos á altura dun semáforo.
Esperando a que o monequiño se puxese en verde para os peóns atopábase un home próximo á xubilación anticipada. Era fortote, máis ben baixo e lucía un rexo bigote negroide. Ao seu carón remataban de pasar, seguindo o seu camiño, dúas mozas loiras, ben parecidas, esbeltas e caseque guapas. Cubrían o seu corpo con cadansúa minisaia e camisetiñas apretadas á pel. As protuberancias turxentes agolpábanse para saír polos buracos que o creativo tivera a ben deixar. Certamente a súa presenza non pasaba desapercibida tanto visual como olfativamante, se reparamos no rumor e na fragancia que manaba do seu contorno.
O prexubilado ollounas de vagar (e eu a el) ata que llelo permitíu o seu campo visual. Sen solución de continuidade sentenciou con voz clara e potente: este ano, está boa ata a miña sogra ¡¡
Despois de non disimular un amplo sorriso, pensei... Efectivamente non só hai añadas para a froita, para as patacas, para o viño ou para a neve, senón que tamén semella que existen anos bós e menos bós para a contemplación e goce dos corpos harmoniosos, proporcionados, de bon ver, mellor ollar e a medio envolver e que, por riba, arrecenden. Nestas circunstancias, o sangue vese, loxicamente, alterado.

1 comentario:

Martín Garrido Ramis dijo...

me encantaría recorrer el camino de Santiago, pero nunca me decido.
suerte.

Decisión

Se temos en conta as previsións da maioría das enquisas e sobre todo a última do CIS de hoxe mesmo, resulta realmente sorprendente que Pode...