
Canto máis se avanza no coñecemento da materia, máis consciente eres do que ignoras. A ignorancia docta (consciente) substitúe á ignorancia indocta (inconsciente) e, en consecuencia, a ignorancia total mantense constante. Co coñecemento aumenta a ignorancia docta. "Se fosse possível explicar-te tudo, não precisarias de perceber nada"
Mostrando entradas con la etiqueta sustentabilidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sustentabilidade. Mostrar todas las entradas
20/10/15
Misión cumprida

Labels:
frugalidade.,
Reflexión,
sustentabilidade
29/9/13
Costumes a erradicar
Pois resulta que o señorito, mellor dito o cabaleiro, afirma no seu artigo semanal que necesita encher unha bañeira de auga para, mergullándose nela apenas uns minutos, decatarse que está vivo. Este comportamento recoñece que o leva practicando desde a súa infancia.
Certamente coñezo formas máis sinxelas, directas e sustentables para, despois dun reparador descanso nocturno, facer ver a unha persoa que está viva . Quizais o eminente e premiado escritor non de decate que tal hábito, non hai outra forma de cualificalo se leva tantos anos realizando tal actividade polas mañás, é pura e simplesmente insustentable e que, a bon seguro, vai ter que modificar este comportamento, non só porque comecen a escasear as bañeiras nos hoteis, senón por convencemento propio e responsable actitude ecolóxica.
Son lector desde hai xa moitos anos destas columnas semanais de Javier Marías, e de algún que outro libro, e creo recoñecer a súa calidade humana, a súa creatividade e o xuízo serio e responsable que posúe sobre os máis diferentes temas. A grande maioría das veces estou de acordo, mesmo as veces entusiásticamente, cos seus análises e opinións sobre as máis variadas temáticas. Mais...a estas alturas, no ano 2013, coa información que xa se atesoura sobre as diversas ameazas reaias sobre o medio ambiente, sobre a escaseza de determinados elementos básicos para a vida neste planeta (polo momento, non temos outro), e sobre a necesidade de mudar comportamentos e hábitos de vida, non creo moi edificante que se propague a idea de que para poder espertar de seu sexa necesario gastar tal cantidade de auga doce. Só con que a décima parte da poboación mundial mostrase a mesma querencia por tal práctica, a realizar todos os días, non chegaría a auga para encher tanta bañeira. Sentidiño...
Labels:
ambiente,
Reflexión,
sustentabilidade
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
A praia
A praia pode ser ese lugar que observa o marido, descansado e compracido de que a súa muller se torre confortablemente ao sol ao carón de ou...

-
Era pola metade do serán. Nesa hora en que xa é tarde para tomar un café, un té ou unha copiña de licor pero aínda demasiado cedo para sabor...
-
A VIDA A vida escápaseme entre tardes de lectura e noites de insonnio. A vida comprímese entre lembranzas posibilistas e accións imposibles...
-
A praia pode ser ese lugar que observa o marido, descansado e compracido de que a súa muller se torre confortablemente ao sol ao carón de ou...