Canto máis se avanza no coñecemento da materia, máis consciente eres do que ignoras. A ignorancia docta (consciente) substitúe á ignorancia indocta (inconsciente) e, en consecuencia, a ignorancia total mantense constante. Co coñecemento aumenta a ignorancia docta. "Se fosse possível explicar-te tudo, não precisarias de perceber nada"
13/2/24
Decisión
11/2/24
Clube Nacionalista "Alén Nós"
Se mal non lembro e os meus apuntamentos non me enganan, a primeira conferencia do extinto Clube nacionalista "Alén Nós" tivo lugar o 5 de novembro de 1987 no salón nobre do Hotel Haraguaney de Santiago de Compostela. Foi impartida por D. Xosé Luis Franco Grande e levaba por título: "É posible aínda Galicia?" Pasaron xa máis de 36 anos e, infelizmente, a pregunta segue a ser pertinente.
Repasando os meus apuntamentos vexo que naquela altura o conferenciante salientaba tres problemas graves que ensombrecían o futuro de Galicia. A saber:
- A supervivencia da língua
- A grave destrución e agresión ao medio ambiente e a desfeita do medio físico
- E, por fin, a falta de suficiente representación política no ámbito estatal
20/3/18
La transparencia: una premisa básica del Gobierno Abierto
La transparencia forma parte de los cinco grandes ejes del compromiso de los Gobiernos Abiertos que son: colaboración, participación, transparencia, rendición de cuentas y formación.
16/12/15
Luces, adornos e felicidade.
- O Nadal. Puntual sempre. Cansino, reiterativo, inevitable.
- Sigo impresionado pola publicidade dunha gran cadea de grandes almacéns. Pretende que a xente se endeude, solicitando un préstamo, para mercar adornos, agasallos, alimentos e todo tipo de enseres, artiluxios e caralladas propias deste tempo. Consuma vostede en cousas necesarias e noutras perfectamente prescindibles, sexa feliz adquirindo produtos e servizos perfectamente superfluos. O que importa é a conta de resultados. A felicidade e o interese polas persoas só importa en tanto en canto estas consuman, se non o fan non poden acadar a felicidade. Así de simple, así de mintireiro. Mais, non faga caso. Consuma vostede o que sexa mester para si, non para os demais, adquira o que precise para si e os seus pero nen un obxecto ou servizo máis. Non se deixe engaiolar, non se escravice, non se embruteza. Reflexione, matine se realmente eso que lle propoñen lle convén a vostede ao mais ben lle favorece a eles. Lembre: dicir e asumir a afirmación "no meu comportamento como consumidor mando eu" é acadar un exercicio de soberania e liberdade que o fará máis digno, máis sabio e máis feliz, na medida do posible, sen enganos, sen artimañas, sen quenta mentes.
- A lotería de Nadal goza de boa imaxe. Aproveita a oportunidade da celebración festiva e da tradición e lanza o seu anzó. Ademais ofertan a posibilidade de poder cobrar o premio o mesmo día do sorteo. Como se ese fose o problema! O meu problema e, quizáis o dalgún de vostedes, é a sensación de que nos tomen por incautos. Digámolo xa: este sorteo, chamado de Nadal, é o pior do ano con diferenza desde o punto de vista da probabilidade, xa de por si moi baixa, de que toque algún premio. Ah! pero... e a ilusión, dirán algúns. Certo. A ilusión é moi importante, mais pode ulisquearse de outras formas, acadarse por outros camiños, experimentarse de outra forma, menos mentireira, menos consumista, menos alienante.
21/10/15
Axuste de mínimos cadrados
7/7/13
O busílis da questão
Lei Orgánica de
Estatutos de Centros Escolares (LOECE)
|
1980
|
Lei
Orgánica del Derecho a la Educación
(LODE)
|
1985
|
Lei de Organización
General del Sistema Educativo (LOXSE)
|
1990
|
Lei Orgánica de
Participación, Evaluación y Gobierno de los Centros Docentes
(LOPAG)
|
1995
|
Lei
Orgánica de Calidad de la Educación
(LOCE)
|
2002
|
Lei
Orgánica de Educación
(LOE)
|
2006
|
- É certo que a xeneralidade dos estudantes universitarios confórmase só con estudar, para repetir canto máis fielmente mellor, uns apuntes pechados e acotados e, o que é peor, a gran maioría do profesorado é este o sistema que alienta, promociona e esixe?
- É certo que ler libros, artigos e traballos de diferentes orientacións e escolas, para poder criticalos e elaborar propostas argumentadas é unha práctica minoritaria entre os nosos estudantes do ensino medio e universitario?
- É certo que os sistemas para seleccionar aos funcionarios das Administracións públicas, en base a criterios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, segue copiando hábitos, procedementos e prácticas do século XIX, baseados na exercitación da memoria, notable función do cerebro mais non a única nen necesariamente a máis importante, e que implican que os aspirantes pasen varios anos da súa vida agochados do mundanal ruído, nestes tempos vertixinosos nos que nun ano hai máis cambios, en todos os aspectos, que en 20 ou 30 anos dos séculos anteriores?
- Segue tendo sentido que parte dos sistemas de selección se baseen en recitar fielmente un tema de entre 100, 200, 300,..., cual máquina programada, nun tempo determinado para poder optar a unha praza de funcionario público?
- Segue sendo admisible que, en moitos casos, se poida traspasar felizmente a barreira dos procesos de selección sen ter demostrado uns mínimos coñecementos e destrezas no manexo das tecnoloxías da información e da comunicación?
29/9/12
Agora é o momento
- Medidas, acordos e propostas para mellorar e ampliar a democracia participativa en períodos non electorais.
- Ampliación e mellora da medida de iniciativa lexislativa cidadá
- Introdución dun mecanismo de participación no debate e elaboración das diferentes normativas
- Asistencia ás comisións parlamentares baixo certos supostos coa posibilidade de facer preguntas aos comperecentes
- Actuacións que garantan o cumprimento do programa electoral. Establecer un compromiso de demisión en caso de incrumprimento grave (haberá que pensar ben o que se escriba e prometa e non será válido o recurso á herdanza recibida ou a imperativos da realidade para non poder levalo á práctica: se un non é quen de cumprir o programa co que se presentou ten que presentar a demisión toda vez que debe entenderse que o voto é para cumprir dito programa, non para avalar calquera outro tipo de política).
- Aumento da transparencia e do acceso aos expedientes da administración. Información ampla e clara á cidadanía sobre diversos temas dos diferentes sectores da administración. Arbitrar un mecanismo de participación cidadá nas principais mesas de contratación públicas establecendo os canles necesarios para facelo efectivo.
- Compromiso preciso e inequívoco de que en caso de que un xuíz ou xuíza impute un delito a un membro do goberno, alto cargo do mesmo ou deputado/a do Parlamento, presentará inmediatamente a demisión, con independencia da presunción de inocencia e das garantías de defensa que o asistan. (que o concernido exerza no seu día, se é do caso, as accións que lle correspondan contra quen truncou a súa carreira política sen ter motivos e probas suficientes para condenalo por aquelo do que se lle tiña acusado)
- Utilización do parque móbil oficial. Delimitar claramente quen, e baixo qué circunstancias, vai facer uso do coche oficial. Semella oportuno e exemplar, nos tempos que corren, que só o Presidente da Xunta, Presidente/a do Parlamento e, quizáis, Conselleiros/as, deban ter acceso a este tipo de servizo. Ben sabido é que antes de ir para os cargos os señores e as señoras candidatos/as sabian, na imensa maioría dos casos e, do contrario, hai transporte público, conducir. Non se comprende ben por qué motivo non puideran seguir facéndoo.
- Políticas a seguir de cara ás subvencións. Cómpre saber qué tipo de sectores e actividades, e baixo qué condicionantes e/ou circunstancias, van ser obxecto de subvención. Seguiranse a dar axudas públicas ás empresas propietarias dos medios de comunicación? En caso afirmativo con qué criterios e cuantía? Cómo se regulará a publicidade e propaganda encuberta baixo a sinatura de convenios varios para dar cobertura informativa a depende de qué tipo de actos? É importante, tamén, aumentar o control público sobre o detino final destas axudas e vixilar que se cumple o estipulado ao respecto na lexislación.
- Ampliación e mellora da declaración de bens dos membros do goberno e do Parlamento, ampliando esta obriga aos altos cargos.
- Establecemento dun sistema retributivo máis claro e transparente con información pública das nóminas dos membros do gobernos, deputados/as e altos cargos. O cidadán que paga debe coñecer a cuantía e os conceptos daquelo co que contribúe.
- Crear a figura de "titoría" cidadá por parte dos políticos elexidos. Os/as deputados/as do Parlamento terian de reservar unha hora mensual da súa dedicación parlamentar para recibir aos cidadáns pertencentes á circunscrición pola que acadou a súa acta de deputado/a, que mostrasen o seu interese en determinado tipo de actuacións e traballos nos que estivese a intervir o/a parlamentario/a.
- Medidas políticas, económicas e sociais que se levarán a cabo para tratar de impedir que non se rache o Contrato social así como, eventualmente, aquelas outras que puidesen melloralo.
A praia
A praia pode ser ese lugar que observa o marido, descansado e compracido de que a súa muller se torre confortablemente ao sol ao carón de ou...

-
Era pola metade do serán. Nesa hora en que xa é tarde para tomar un café, un té ou unha copiña de licor pero aínda demasiado cedo para sabor...
-
A VIDA A vida escápaseme entre tardes de lectura e noites de insonnio. A vida comprímese entre lembranzas posibilistas e accións imposibles...
-
A praia pode ser ese lugar que observa o marido, descansado e compracido de que a súa muller se torre confortablemente ao sol ao carón de ou...