Cando aquela tarde de inverno de 1978, fría e co lusco e fusco a punto de señorear, guiei o meu macanudo, acabado de estrear, automóbil marca Seat 131-1600 de cor amarela, deica a rúa Avenida das Burgas do campus sur da USC e, condicionado pola euforia do bendito suceso anterior, decidín colocar a vella casete dos The Allman Brother Band no radiocasete e xirar o botón do volume non pensaba que aquelas pracenteiras sensacións visuais e sonoras ían permanecer no tempo tan nidias, tan frescas. Pero así foi.
Aínda hoxe lembro aqueles intres como uns dos momentos máis agarimosos daqueles convulsos e complicados anos.
3 comentarios:
De vez en cando apareces para mostrarnos... pequenas cousas de grande importancia
Grazas
Grazas a ti polas pinceladas que lanzas, sempre atinadas e reconfortantes.
Publicar un comentario