7/3/11

Perdas, loitas e resistencias.



Brillante speech deste profesor portugués que, máis aló da temática concreta que aborda, alude a algunhas cuestións ao meu ver fundamentais relacionadas coas formas de loita e resistencia neste tempos incertos e cambiantes.
A intervención é un pouco longa de máis para os usos que se adoitan tomar como estándar nestes medios (seica un video que dure máis de dous ou tres minutos non o visiona case ninguén, sobre todo se non mostra imaxes impactantes, aconteceres hilarantes ou supostas chances para rirse ou maravillarse dos demáis) mais eu acho que aínda é un pouco curto dada a intensidade do discurso que reflicte e sobre todo a fondura e oportunidade da mensaxe. Escudriñemos minimamente.
1º Cuestión de acreditar. Algunha xente, cansa de loitar con métodos quizáis desfasados e que acredita inócuos e inofensivos para o sistema, retírase aos seus aposentos á espera de tempos mellores para que dea tempo a que se renoven as formas de protesta e de contestación. Acreditan que seguir a insistir no mesmo de sempre (manifestacións, concentracións, folgas de un día,...) para dar resposta a determinado tipo de conflitos, ademáis de canso e rotinario, ten, en xeral, uns resultados prácticos cuase nulos. Como afirma o interlocutor referíndose a alguén ausente, quen antes era unha entusiasta na protesta agora tornouse pasiva ao perder a fe na mudanza. Quen acreditaba que podía mudar o mundo agora acredita que foi o mundo quen a mudou a ela. E non é a única.
2º En tódolos sitios cocen fabas ou como o sistema perfecciona os seus métodos de control. Os distractores sociais seguen a estar ben engraxados.
3º Medidas para rematar co ensino público existente. Parece que os ventos sopran neste sentido en moitas partes. Reduccións, recortes, reconversións, aforro no transcendente e principal e derroche no accesorio e secundario.
4º Propostas de resistencia. A pesar de todo resistir pode ser un camiño, mentras reflexionamos e inventamos novas formas de ser para poder estar máis firmemente asentados para aguantar os embates cada vez máis fortes, cada vez máis violentos.

No hay comentarios:

Decisión

Se temos en conta as previsións da maioría das enquisas e sobre todo a última do CIS de hoxe mesmo, resulta realmente sorprendente que Pode...