17/3/08

Despedida


Mañá é o día. Despois de moito cavilar, por fin tomei a decisión. Non foi doado nin sinxelo. Pero era necesario, por dooroso que fose. Foron moitos anos (o vindeiro maio cumpriríamos 21, a maioría de idade decimonónica)de moi grata relación. Moi poucas veces interesada; as máis de connivencia e complicidade. Sempre nos entendimos á perfección, só co aceno dos ollos. Só me queda pensar que antes xa se foron outros, tamén moi queridos, para poder soportar o baleiro que a bon seguro deixará a súa ausencia. Virán novos tempos.

No hay comentarios:

Experimento botánico (ou case)

A nosa pequena historia comeza no ano 1979 cando o meu pai prantou na casa que estaba construíndo unha palmeira. Cos coidados recibidos e co...