Canto máis se avanza no coñecemento da materia, máis consciente eres do que ignoras. A ignorancia docta (consciente) substitúe á ignorancia indocta (inconsciente) e, en consecuencia, a ignorancia total mantense constante. Co coñecemento aumenta a ignorancia docta. "Se fosse possível explicar-te tudo, não precisarias de perceber nada"
29/3/08
Convivindo na natureza
Rematamos de chegar das terras suboccidentais da provincia de Ourense. Máis en concreto, os amigos de Xungalú leváronnos a que gozásemos, e vaia se o fixemos, dos encantos da serra do Xurés, das terras e xentes de Entrimo, de Bande, de Celanova. Empapámonos de corredoiras, de monte raso, de auga escorrentando polos camiños, de algunha lama, de encoros, de vistas gratificantes, de paisaxes fermosas, de aire fresco, limpo e revitalizante, dunha mámoa extraordinaria, dun campamento romano, de moitos cabalos salvaxes, "amigas" coma a da foto, da arte visigótica, mozárabe, barroca,(que descubrimento o retábulo da igrexa do mosteiro de San Rosendo, ou a capela de San Miguel, ou a igrexa de Santa Comba de Bande, ou mesmo do roteiro das Queguas, ou das hórreas do campamento romano de Aquis Querquennis). Ademais tivemos un día que acompañou. Xantamos estupendamente na casa de comidas "Bar Orellas" de Bande e rimos, parolamos e cantamos con mimo e agrado. Grazas amigas Tita, Marité,... amigos Manolo, Suso, Paco... Ata outra que esperemos que non tarde moito.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
A praia
A praia pode ser ese lugar que observa o marido, descansado e compracido de que a súa muller se torre confortablemente ao sol ao carón de ou...
-
Era pola metade do serán. Nesa hora en que xa é tarde para tomar un café, un té ou unha copiña de licor pero aínda demasiado cedo para sabor...
-
Se temos en conta as previsións da maioría das enquisas e sobre todo a última do CIS de hoxe mesmo, resulta realmente sorprendente que Pode...
-
Se mal non lembro e os meus apuntamentos non me enganan, a primeira conferencia do extinto Clube nacionalista "Alén Nós" tivo luga...
No hay comentarios:
Publicar un comentario