No limiar do interesante libro Fórmulas elegantes de G. Farmelo (Metatemas), coméntase a relación entre un poema e unha ecuación científica. Evidencianse as analoxías que xurden entre estes dous conceptos, en principio tan dispares. Reparando no tema podemos decatarnos que non o son tanto. Vexamos:
- Un poema é un traballo de imaxinación creativa para acomodar realidades en conflicto co obxectivo de acadar unha orde nova. Unha ecuación tamén é un traballo de imaxinación para acomodar as aparentemente distintas magnitudes físicas nunha nova orde.
- Que lle pasa a un poema se cambiamos unha palabra ou un signo de puntuación? Que lle pasa a unha ecuación científica se lle realizamos un cambio, por mínimo que este sexa? Non é difícil decatarse de que en ámbolos dous casos causaremos unha verdadeira desfeita cambiando o sentido por completo.
- Semella que hai unanimidade en considerar que a poesía é a forma de linguaxe máis precisa, máis concisa e máis cargada de significado que poidamos concibir. Pois ben, tamén as ecuacións científicas constitúen a forma máis sucinta, máis condensada, elegante e resumida de expresar o aspecto da realidade física que describen.
- Que produce a nova lectura dun poema? Pois novas sensacións e asociacións. A que leva o estudo detallado dunha ecuación? Pois a descubrir aspectos que non se percibiron ao principio.
- Por último, para unha mente disposta e preparada, que produce un poema?, que produce unha ecuación? produce... estímulos ricos, variados, profundos e enriquecedores.
Deixemos para outro día o máis evidente, é dicir, as diferencias entre un poema e unha ecuación. E para rematar quizáis non sexa mala idea facelo cun poema e cunha ecuación. O poema é de Miguel Hernández (espero que non me traicione a memoria):
Cada día que pasa es más raíz, menos criatura
que escucha bajo sus pies la voz de la sepultura.
A ecuación pode ser a que condensa a Lei de gravitación universal de Newton. Transcrita poderíamos enunciala do seguinte xeito: a forza de atracción que existe entre dous entes materiais dotados de masa é directamente proporcional á cuantía das súas masas e inversamente proporcional ao cadrado da distancia á que se atopen. A constante de proporcionalidade, G, é efectivamente unha constante de validez universal.
Máis nada.

No hay comentarios:
Publicar un comentario