
Ao fío deste asunto quero facer a seguinte reflexión. Parto da premisa de distinguir claramente entre a dignidade da persoa e as ideas que esta posúa manifestadas libremente. Así, se a persoa é sempre e en todo caso obxecto de respecto, a súas ideas poden, e deben, ser peneiradas en función das que posúa, á súa vez, o seu interlocutor. É dicir, as ideas poden ser compartidas e respectadas, poden ser só respectadas e non compartidas e poden tamén ser simplesmente aceptadas (nin compartidas nin respectadas). Polo tanto fronte á coñecida "cantinela" de non comparto as túas ideas pero respéctoas, tamén é posible obxectar o seguinte: non comparto as túas ideas, nin as respecto (como facelo se son defensoras do racismo ou do xenocidio?, poñamos por caso) agora ben, como demócrata, teño que aceptalas. Eu son dos que opino de que en democracia todas as ideas son admisibles, mesmo aquelas que defenden a súa destrucción.
Aceptemos pois as ideas dos demáis (e o seu dereito a manifestalas pública e pacíficamente) pero teñamos tamén, paralelamente, liberdade para xulgalas en función da nosa cosmovisión do mundo.
1 comentario:
O das ideas está moi ben, pero ese cinismo rampante desa persoeira doe de carallo, de todos os xeitos os "alboratodores" fixéronlle unha boa axuda ao PP.
Publicar un comentario