Son aqueles relacionados coa saúde do planeta que habitamos, non se sabe por canto tempo, e que inflúen tamén na nosa dunha forma cada vez máis evidente.
Enumeremos algúns dos máis graves, de tipo medioambiental, que están na base da crise ecolóxica que provoca o
actual modelo social e económico de crecemento nos países do chamado primeiro
mundo incluíndo os chamados BRICS:
- Contaminación atmosférica, acústica e visual con altos niveis de concentración atmosférica de dióxido de carbono, óxido de nitróxeno e metano.
- Xestión, transporte e almacenamento de residuos radiactivos de alta actividade, que se xeran como resultado do funcionamento das centrais nucleares de fisión.
- Xestión, manexo e control do arsenal de armas nucleares e biolóxicas.
- Diminución alarmante da capa de ozono na Antártida e acentuación do desxeo nos polos.
- Esgotamento de importantes reservas de auga doce e degradación dos solos e aumento da desertificación.
- Cambios rexistrados na temperatura e aparición, cada vez máis frecuente, de catástrofes naturais severas como consecuencia do proceso de cambio climático.
- Desaparición de moitas especies animais e diminución da biodiversidade.
- Graves danos nas zonas costeiras,
nos bosques tropicais e degradación, en xeral, do medio natural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario