25/1/10

Suma e segue.

Hai uns tres cuartos de hora no programa "Diario Cultural" da radio galega.
Parte da resposta a unha pregunta centrada no escrito que os escritores e escritoras galegos que recibiron o premio nacional de literatura fixeron público reclamando a dimisión do Sr. Conselleiro:
...um.. um.. ... como se di? (...detrimento..., alguén lle suxire en ton baixo) ...detrimento ¡eh¡ da cultura galega...
(Detrimento: s.m. Dano, prexuízo material ou moral).
Con absoluto respecto e consideración á persoa: canto tempo aguantará no cargo?
No mesmo "corte" do programa confesou que podía ser que tivese un descoñecemento parcial ou limitado da cultura galega por mor de vivir tanto tempo fóra da terra?
Dimitirá ou será cesado?
A saber...

No hay comentarios:

Libros que alimentaron en 2024

Estes foron os libros que lin, e nalgún caso relín, durante o ano 2024. Adoito ler simultaneamente a dos, tres ou catro títulos polo que hai...