25/4/08

Balbordo



Pasou coma se non me vise. Eu estaba a gozar coa tarde, coa lectura, co silencio apenas interrumpido por un leve aceno das pólas que neste recuncho de paz e tranquilidade abanean de cando en vez os rumores rosalianos. De primeiras quixen ignoralo, pero a percepción insistía teimuda e non tiven máis saída que aceptalo.
Xa estaba aquí de novo, fiel coa súa cita anual.
Durante algún tempo o paraíso tornarase inferno, e a sensación será similar á que experimentaríamos se nos visitase un reptil tremendo que nos abafa e nos chupa.
Hai algúns decenios houbo un intento de cambio, por parte de certas almas sensibles a tamaña desfeita anual, para que o inevitable visitante deitase as súas pesadas alfonxas lonxe da carballeira, nun lugar moderno e aseptico, propio e merecente de tan molesto convidado. Pero non foi posible e, daquela, ano tras ano temos que apandar co ciclo de ruídos, barullos, rebumbios e lastimosos fastíos.

20/4/08

Xa estamos, de novo enfrontados pola migalla.



Dende hai xa unhas semanas, con maior intensidade nos últimos días, está saltando aos medios escritos e audiovisuais unha pretendida polémica por mor do novo Decreto de bacharelato e das horas semanais a impartir das diferentes materias que o conforman.
Resulta que se trata de impartir, a todo o alumnado, unha nova materia, Ciencias para o Mundo Contemporaneo, que ninguén minimamente informado e consciente debera cuestionar. Parece ser que terá unha carga lectiva de tres horas semanais. Que mínimo¡ Non será preciso insistir na importancia da ciencia e da tecnoloxía no mundo actual, da revolución que estamos a experimentar neste campo e da imperiosa necesidade e transcendencia de que calquera cidadán poida ter uns coñecementos e capacidades mínimos nestes campos para poder ter opinión e criterio (por certo xa se sabe que a ciencia e a tecnoloxía tamén son cultura).
Pero claro, a introdución desta materia implica a diminución da carga horaria de outras (desta vez tocoulle apandar, disque, a Educación Física, Filosofía e Historia; a Relixión resiste, coma sempre). E xa temos lexitimamente alporizados ao profesorado destas asignaturas. Argumentan, non sen razón, sobre a importancia dos seus campos para unha satisfactoria e efectiva educación integral dos cidadáns.
É tempo e momento de ler e escoitar moitos argumentos, de profesorado, sindicatos, sociólogos, tecnócratas da educación,… A maioría destes moi oportunos, acaídos e mesmo brillantes. Sempre reivindicando o seu a costa do dos demáis (síntoo pero é un xogo se suma cero) Mais… sigo sen percibir que alguén introduza no debate unha cuestión, para min, fundamental: ampliemos o bacharelato a tres anos. Moitos (bueno non tantos) defendímolo cando era o momento, cando se estaba a elaborar a enésima lei de educación (a LOE neste caso). Daquela non habería que loitar por migallas. Daquela habería tempo suficiente para todos, para reflexionar, razoar, debatir e asimilar de vagar os contidos, habilidades e capacidades para tratar de entender as complexidades do mundo actual que requiren de todos os ámbitos do saber, sen excluír a ningún. Iso si, a Relixión por pertencer ao máis íntimo e importante aspecto persoal debería estar fóra do horario escolar (que preguiza ter que insistir nisto¡).

13/4/08

Era necesario?



A fotografía era moi clara. Carme Chacón, futura ministra de Defensa (mañá oficializará o seu cargo) aparecía acompañada por dous nenos saíndo do Congreso.
A pregunta é evidente. Cal sería o motivo de que tivese que aparecer fotografada en tales circunstancias cos, segundo din os medios, seus sobriños? Acaso é lugar e momento para iso? E por qué non dirá alguén desde outra perspectiva. Home, non sei. Imaxinemos que gran parte dos seus colegas fixeran o mesmo. E que? dirán outros. Efectivamente nada. De todas formas, non vexo a necesidade, dando por seguro de que os cativos, de seguro, terían quen os coidase.
Parece ser que non era a primeira vez que tal dirixente realizaba tal conduta. Ben, alá ela. De todas formas a discreción é boa cualidade, sobre todo para quen se adica a traballar no campo da política. É evidente que o que resulta de interesa é a súa actuación política en función dunhas ideas. A súa vida privada, por favor, para min que quede ao marxe.
Vistos os precedentes, son algo pesimista en relación a súa práctica futura neste campo en concreto. Elo non me impide desexarlle sorte e tino no seu labor político e, por suposto, no persoal.

2/4/08

Sáltanseme as bágoas





Resulta que agora UNIÓN FENOSA, por medio do seu presidente, Sr. Pedro López Jiménez solicita que se teñan en conta "que nuestras raíces y nuestro compromiso con Galicia puntuarán algo en el concurso eólico" para intentar facerse co maior número posible (piden 900 Mw)de parques eólicos que sacará en breve a Xunta mediante concurso público. Tarde piache¡ As supostas raíces hai que ir a buscalas no manto terrestre posto que hoxe os accionistas de Galicia apenas representan un 10% do total. É que acaso Galicia non lles pagou xa de sobra a estes señores cando se lles permitíu asolagar un dos vals máis fértiles e fermosos da nosa terra? Un de tantos, por outra parte. Si, aló polo 1966 non houbo piedade, non se quixeron escoitar argumentos. Castrelo de Miño morría e centos de familias quedaron sen o seu a cambio dunhas moedas, de poucas moedas.
Ver para crer.

Decisión

Se temos en conta as previsións da maioría das enquisas e sobre todo a última do CIS de hoxe mesmo, resulta realmente sorprendente que Pode...