-
O señor ou señora candidato/a, unha vez electos, farán uso de todos os
privilexios que comporta o seu cargo? Ou, vista a desproporción dalgúns
deles, sobre todo se nos fixamos na crecente desigualdade social que
padecemos, estarán dispostos a minorar o seu uso e disfrute? Poñamos por
caso, e só por citar un exemplo, viaxarán sempre en clase turista e
doarán os recursos aforrados a calquera institución benéfica? Hai alguén
que xa viña tendo este comportamento. Cundirá o exemplo? Pregúntenlles
que teñen pensado facer ao respecto.
-
O futuro parlamentario asitirá as todas as sesións de traballo en
horario completo ou ben os xoves polo serán ou venres de mañanciña fará
só acto de presencia para de contado coller o primeiro avión que saia
para o seu lugar de destino?
-
Trataron de averiguar vostedes cal foi a actividade parlamentaria
(iniciativas, intervencións, preguntas, traballos...) dos candidatos que
se presenta á reelección? Sei dalgúns que presentan unha folla de
servizos raquítica. Cal é a súa xustificación?
- Acaso teñen pensado arbitrar un sistema público e transparente á hora de contratar aos seus asesores e colaboradores?
-
Teñen establecido un calendario e un plan de actuación para poder
recibir visitas dos electores en caso de que estes mostren interés en
contactar?
-
Comprométense a demitir de forma inmediata se a súa conduta non
responde á dignidade do cargo? É dicir, se por acaso se atoparen
incursos en algún procedemento xudicial? Estaría ben saber cal é a súa
postura ao respecto.
- Farán de forma voluntaria unha completa declaración de bens, ampliando a que teñen que realizar por imperativo legal?
Por
último, unha reflexión. Da mesma forma que non todos os cidadáns somos
iguais, tampouco os políticos son todos iguais. De ningunha forma. Se
acaso uns son máis iguais ca outros, mais teño o convencemento que
algúns son ben diferentes. O meu problema, e quizáis tamén o de
vostedes, é o de identificar ao mellor destes últimos e que,
loxicamente, responda á miña filosofía e práctica política. Remato cunha
obviedade: como poderán percibir, eu teño pensado exercer o meu dereito
e ir votar. Vostedes verán...