6/6/13

Pechando a porta


Sempre considerei atinada a metáfora de pechar a porta para referirmonos a situacións de tránsito e cambio substancial. Refírome ás transicións vitais que afectan ás persoas. De todos é coñecido que nos agarda unha moi especial, esencial e única: o tránsito definitivo e irreparable, o paso irreversible deica a obscuridade máis absoluta ou a claridade máis cegadora.
Algunhas persoas, en determinada altura da súa vida, teñen a necesidade, evidencian o desexo, perciben a conveniencia de comunicar aos seus seres máis queridos que a inevitabilidade dese momento está próxima e que a certidume do cambio esencial de estatus entra na conciencia para quedarse xa para sempre. A partir dese momento terán que aprender a vivir, o que quede, con esta seguridade, con esta certeza.
A sensación que embarga a quen é receptor desta mensaxe é moi especial, de tal forma que é preciso experimentala para percibila en toda a súa desesperanza, crudeza e tristura. Trátase de asumir a caducidade da vida humana, de confrontarse coas ensinanzas do filósofo acerca de que todo ten un principio e, inevitablemente, un fin. E este está aí, ao pechar a porta.
Todos nós, en calquera momento da vida no que nos encontremos, estamos, cada certo tempo, pechando portas. Unhas máis importantes, outras menos, algunha definitiva. É bo vivir coa sensación de que temos que pechar a porta, despois de ter librado mil e unha batallas, algunhas veces sen percartarnos da súa inutilidade  ou ben da súa prescindibilidade, mais mentres a algunhas persoas resúltalle relativamente doado pechar a porta, de tal forma que o fan rápido e sixilosamente, a outras, pola contra, cústalles moito esforzo, moito sacrificio e moitas dóres. 
É verdadeiramente triste e penoso que existan situacións, circuntancias, ou mesmo persoas, que estean a impedir que alguén poida pechar a definitiva porta coa necesaria tranquilidade, dignidade, sosego e paz.

12/5/13

A rota do doutoramento

O plano

A rota que sae da praia de Esteiro (en O Barqueiro) e chega ata Espasante (Ortigueira), baixando ás praias desde os cantís de Loiba e subindo de novo a eles despois de atravesar 4 areais (cómpre marea baixa), pasa por ser unha das mellores rotas que se poden facer no litoral galego. Para un afeizoado a facer camiñadas ben ser algo así como o doutoramento nas rotas feitas. 
Dicía o eminente físico, e premio Novel de Física en 1969, Murray Gel-Mann, para salientar a importancia da Mecánica Cuántica, que ”Hai unha diferencia maior entre un ser humano que sabe Mecánica Cuántica (MC) e outro que non, que entre un ser humano que non sabe MC e os outros grandes simios”. Pois ben, despois de facer esta rota, penso que hai unha diferencia maior entre un camiñante que fixo esta rota e outro que non a teña feito, que entre un camiñante afeito a patear desde hai anos os máis variados camiños e aquel outro que realiza as viaxes dende a cadeira do cuarto de estar da súa casa vendo o canal temático "Viajar". Se xuzgan esaxero, pasen e vexan.
O monumento

En contexto

O ollo

Os caprichos

As pegadas

Para acceder ás praias e extasiar con tanta beleza hai que baixar,
A baixada

e logo subir,
A subida
A beleza
Mais a vista da "catedral", desde a praia é algo "serio".
Grazas Xulio polo agasallo. Grazas Luís polo convite. E grazas tamén a Xurxo, Chema e Anxo pola  partilla, e a Kiko pola hospitalidade.

A "Catedral"


Ver Esteiro_Espasante en un mapa más grande

13/4/13

Algo se está a mover

Chamarédesme inxénuo, idealista ou simplesmente iluso, mais... teño confianza en que isto saia adiante. Xa semella claro que non podemos seguir funcionando con métodos dos séculos XVIII e XIX para gobernarnos no século XXI. Necesitamos máis participación e implicación, máis control, máis democracia. Hoxe é posible.

Decisión

Se temos en conta as previsións da maioría das enquisas e sobre todo a última do CIS de hoxe mesmo, resulta realmente sorprendente que Pode...