3/7/08

Ao fin, recuperamos certa normalidade



Efectivamente, daban ganas de saír correndo.
Pero soubemos aguantar.
Utilizamos a técnica da emulación e da compostura.
Falamos e comentamos o que era mester coa xente que o vivía dunha forma razoable e sinceira.
E, qué carallo¡ saímos adiante¡
É claro que en toda esta historia houbo uns claros beneficiados e multitude de dannificados. Mais, curiosamente a propaganda, o negocio e a imbecilidade intentaron presentalo de tal forma que parecera xusto a situación contraria. E como os medios que empregaron foron moi, moi poderosos, ata o conseguiron.
Con todo o que máis me molestou non foi a confusión, a ruidosa algarabía sen límite, os cacareos nervosos e constantes ou as tonterias interesadas polo puro negocio, senón a desmesura, o ensanchamento do zafio e o abultamento da insensatez.
Por certo, noraboa a todos aqueles que sinceira e cabalmente o gozaron con respecto e cariño.

23/6/08

Mentes abertas


Remato de ler (un pouco tarde ben é certo) unha moi interesante entrevista a Piergiorgio Odifreddi, un profesor e escritor italiano do cal non tiña noticia (desafortunadamente para min).
Na mesma, aparte de falar dos seus libros e da súa postura fronte á Iglesia (católica "of course")fai, mesmo ao inicio e apoiado polo seu amigo Sergio Valzania, un
encendido eloxio sobre a nosa terra. Afirma que é "bellísima".
Xa sei que para algúns de nós non fai falla que veñan de fóra a indicarnos algo que xa sabemos e asumimos, pero... acaso non produce un goce íntimo que nolo lembren?
Os que a cotío podemos comprobar tal estado de cousas non podemos menos que loitar para que sexamos quen de transmitir tal tesouro ás xeracións futuras.
Onte mesmo constatei que tal tarefa non podemos deixala só en mans de certos políticos, para os cales é moito máis importante estar fronte ao televisor para ver certo espectáculo futbolístico (no que seica nos xogabamos o noso futuro: "a por ellos¡")que, polo menos, ter certa idea consciente sobre o país no que viven (por certo opíparamente). Xa se sabe que algúns precisan do GPS para chegar á casa onde viven.

Decisión

Se temos en conta as previsións da maioría das enquisas e sobre todo a última do CIS de hoxe mesmo, resulta realmente sorprendente que Pode...