15/3/08

Retiro


Nas vindeiras horas ímos dirixir a nosa vivencia, paseniñamente, de vagar, gozando da paisaxe e das xentes, ao interior da Galiza. Aos dominios das serras do Suído e da Canda. Lugares moi, moi fermosos. Terras farturentas e agarimosas. Cheas de boas viandas e bós sons do país. Horizontes que transmiten unha sensación de acougo, de tranquilidade, de paz e de sosego que dificilmente se poden esquecer.
É obvio que o lugar é o indicado para a reflexión, para a introspección máis radical e benefactora. E ademáis está a chover. A ledicía está próxima ao paroxismo.

13/3/08

Un ano máis


Xa falta pouco. Máis unha vez,... voltarán. Cos seus disfraces. Para protexerse fronte á desvirtualización da mensaxe. Só nos queda asomarnos á nosa vida interior. A idea era boa.

8/3/08

O tempo e o modo


Hoxe parece ser que estou de noraboa por tres motivos, de moi diferente natureza, grao e condición. Un, cíclico e periódico, é un simples divertimento ao que non lle concedo máis valor e transcendencia que a que os demáis lle queiran dar. Outro é coxuntural; fai referencia a unha actividade que procuro practicar a cotío, por querencia e saúde mental. Por fin, o terceiro, é unha conmemoración, unha de tantas, que esta sociedade se encargou de domesticar e banalizar, para a mellor deglutir, ata o punto de permitir que sexa só, apenas, unha referencia histórica que con cansina e pesada puntualidade é lembrada polo/a articulista de garda, para que lle ilustre a introdución ao clásico e tópico artigo (de opinion?)que, sin substancia nen contido algún, escribe por encargo un ano máis; e van.

Decisión

Se temos en conta as previsións da maioría das enquisas e sobre todo a última do CIS de hoxe mesmo, resulta realmente sorprendente que Pode...