Cando xa faltan menos de seis meses para que se inicie a das eleccións municipais non sei eu se algúns terán aprendido a lección. Refírome ás ensinanzas que deberían tirar e asumir da forma de facer campaña que certo partido político realizou nas últimas eleccións ao parlamento galego e as que se derivan das que fixeron, sobre todo un deles, outros dous partidos que daquela partillaban o poder político na Xunta.
A algúns candidatos "in pectore" ou xa elixidos ou mesmo nomeados por "aclamación", que de todo hai, xa se lles comezan a notar as gañas que teñen de principiar a demagoxia, a falsidade, o insulto ou mesmo o ataque persoal e irracional. É de esperar que, daquela, os contrincantes realicen unha campaña racional, sosegada, explicativa do seu programa e proxectos e a desenvolvan de forma positiva, mais... que non se esquezan do feito de que deben responder, en tempo e forma, aos ataques, inxurias e maledicencias de que sexan obxecto, que deben aclarar á cidadanía calquera cuestión, por pequena e insignificante que pareza. Non vaia a pasar como aconteceu hai dous anos que por mor de estar na torre de marfil atendendo a non sei que altas instancias e dignidades, situándose por riba do ben e do mal, se deixe sen resposta o que merecese tela e, como consecuencia, alguén que non debera, usando tramposos e indignos métodos, se cole pola porta grande dos concellos.
Por que será que cando me refiro a estes temas sempre se me ben a mente aquel dito que di que na terra dos lobos hai que oubear coma eles?
Canto máis se avanza no coñecemento da materia, máis consciente eres do que ignoras. A ignorancia docta (consciente) substitúe á ignorancia indocta (inconsciente) e, en consecuencia, a ignorancia total mantense constante. Co coñecemento aumenta a ignorancia docta. "Se fosse possível explicar-te tudo, não precisarias de perceber nada"
28/12/10
12/12/10
Non se dá feito
Efectivamente. Ante tal cantidade de novas rupturistas e rechamantes.
Que se dopping no deporte espectáculo (ese grande deus ex machina destes tempos incertos), que se profesionais rebeldes e lacazáns (segundo a oficialidade e autoridade de quenda), que se mercados (é dicir, bancos e fondos de inversión; fóra eufemismos) díscolos e desconsiderados, que si... pero qué diantres está a pasar...
Alguén sabe dalgún faro ben situado, dalgunha guía recoñecida e afeita a este tipo de desvarios, de algún chamán en activo?
11/12/10
25/11/10
Proposta "Rubalcaba"
O vicepresidente do Goberno e ministro do Interior Sr. Pérez Rubalcaba remata de lanzar para o debate unha nova proposta sobre a posibilidade de establecer un "Mir educativo". Quérese dicir, establecer un sistema, sellemante ao que xa existe para seleccionar aos médicos, para escoller ao profesorado que opte para exercer de traballador no ensino público.
A proposta semella razoable, se partimos da base de que no ámbito público deben estar sempre os mellores e máis formados profesionais e de que o actual sistema de selección é manifestamente mellorable. Mais, por que lanza esta idea agora? Por que non se considerou cando se foron redactando as sucesivas leis orgánicas de educación? ( LOGSE, LOCE, LOE). Non será que os actuais e manoseados sitemas de distracción, manipulación, adocenamento e alienación xa non son dabondo para manter o actual sistema? E que xa se esgotaron e non dan máis de si os derbis, o telelixo, o deporte espectáculo, as revistas de alto voltaxe, os record abraiantes, os premios esperables ou os innúmeros fenómenos de festas de gardar e rachar, que temos que recurrir a outro tipo de pírulas?
Ben, consideremos e estudemos polo miúdo a proposta do Sr. Rubalcaba mais non deixemos de atender tamén ás outras moitas preocupacións que un cidadán crítico e responsable debera ter nestes momentos. Citemos, como botón de mostra, só unha: que farán as entidades financeiras cos fondos que depositamos nelas? Uhm¡ Qui lo sa! Ou en realidade si o sabemos?

20/11/10
A voltas coa educación
Juan Carlos Tedesco, nun interesante artigo que publica hoxe "El País", presenta, de novo, a transcendencia do elemento educativo como vector imprescindible na procura da xustiza social, digna e lexítima aspiración que deberían ter aqueles que dirixen temporalmente, por representación e delegación, o destino dos pobos.
O reto de lograr unha educación de calidade pode e debe habilitar a posibilidade de saír da incertidume actual e iluminar o camiño a seguir para conquerir sociedades máis formadas, máis ilustradas e, consecuentemente, máis xustas. Mais a empresa non é nada doada, nin simple, nin inmediata. No acto educativo concurren moitos factores para cuxa harmonización son necesarios esforzos, de todo tipo, moito talento e non pouca determinación.
Os estudos e a investigación neste campo (a idoneidade da educación como motor do avance social) parece que conclúen na importancia de implantar melloras e definir estratexias de actuación nos seguintes elementos e factores:

- Escolarización temperá. Canto antes se comece mellor. Cómpre non demorar a colocación do alumnado baixo o amparo da institución escolar para frear e, na medida do posible, subsanar as posibles desigualdades sociais de partida.
- O traballo docente deber ser potenciado, dignificado e estruturado conforme a parámetros de profesionalidade e rigor. Criterios decimonónicos como a antigüidade deben ser corrixidos, cando menos matizados, por outros que teñan a ver coa excelencia, a dedicación e o talento.
- Elemento primordial na aspiración a unha sociedade máis xusta debe ser o empeño en alfabetizar do punto de vista científico a todo o alumnado. Na sociedade actual non é posible que o cidadán asuma o papel que lle corresponde, crítico e responsable, se non está dotado duns coñecementos mínimos sobre a natureza e funcionamento da ciencia e da tecnoloxía a ela asociada, así como dos seus máis principais logros, sen esclavizarnos en especializacións estériles e disuasorias, que en todo caso terán a súa razón de ser nos estudos superiores. Así de claro: ninguén debera gabarse en público de certas ignorancias coa tranquilidade de saber que a xeneralidade da súa audiencia saberá aceptar e desculpar tales carencias, por telas eles mesmos acumuladas en suficiente cuantía.
- A alfabetización dixital non admite discusión nin vacilación, como tampouco o fixeron, na súa época, a posibilidade de introducir técnicas ou conceptos tales como a escritura, a imprenta, ou a inducción electromagnética. É dicir, sempre pode haber graduacións no tocante as fases e intensidades de implantación, pero non en canto á conveniencia de facelo.
- A implicación de todos os integrantes da comunidade educativa nun proxecto común, compartido e asumido. E, loxicamente, posuir os medios para poder levalo á práctica.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
A praia
A praia pode ser ese lugar que observa o marido, descansado e compracido de que a súa muller se torre confortablemente ao sol ao carón de ou...

-
Era pola metade do serán. Nesa hora en que xa é tarde para tomar un café, un té ou unha copiña de licor pero aínda demasiado cedo para sabor...
-
A praia pode ser ese lugar que observa o marido, descansado e compracido de que a súa muller se torre confortablemente ao sol ao carón de ou...
-
Se mal non lembro e os meus apuntamentos non me enganan, a primeira conferencia do extinto Clube nacionalista "Alén Nós" tivo luga...