Canto máis se avanza no coñecemento da materia, máis consciente eres do que ignoras. A ignorancia docta (consciente) substitúe á ignorancia indocta (inconsciente) e, en consecuencia, a ignorancia total mantense constante. Co coñecemento aumenta a ignorancia docta.
"Se fosse possível explicar-te tudo, não precisarias de perceber nada"
O pasado 30.12.2009 a Real Academia Galega recibiu do Goberno Galego o documento titulado Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia (no sucesivo Bases). Trala correspondente análise e deliberación esta Institución declara o seguinte: Seguir lendo.
Nunha entrevista no suplemento "Domingo" de El País, Jorge Semprún afirma: "...Lo que hace Europa es su diversidad y es lo que hay que mantener, porque nadie pretende -y el que lo pretenda es un imbécil- que tenga un idioma, una literatura ni una ideología común." E digo eu, que acontecería se substituimos a verba Europa pola de España? Acaso non é ben acaída a posible permuta? Quizáis o ex-ministro non se atrevería a realizar tal cambio. Non obstante, non gañaria credibilidade esa aspiración a un futuro de convivencia, participación e democracia compartida que representa a idea que vai por trás do concepto de España? "Acho que sim".
A primeira vez que oín que a tve ía eliminar a publicidade (para dar cumprimento a un dos aspecto da nova lei de financiación) fiquei contento. Por fin libraríame de dimes e diretes, de sopas e gansos, de esencias e vapores. Agardaba con certo interese o día de onte para ver que sensación se experimentaba. Chegou o día e... desilusión¡ Non remataron coa publicidade¡ O que acontece é que agora só emiten a deles¡ Seica lle chaman autopromoción. Que máis me da se ao fin o intervalo entre programas non queda nu¡ Ai, ai, ai, a isto chámaselle dar gato por lebre¡. Eles deféndense dicindo que o compromiso (respectando a letra da lei) era rematar coa publicidade comercial. Xa. A culpa, como case sempre "é da vontade". Pois nada, con saúde todo irá.
Parece ser que estamos en época de fusións, de concentracións, de unións interesadas. É natural, hai que sobrevivir. Adeus á suposta elite, ao suposto bon gusto, á profesionalidade e ao rigor. Quen o ía dicir¡ Tan alta torre caída no medio da lama. Poderían hoxe publicar certas fotos? O lixo esténdese, difúndese, espállase... Sempre nos querará a dúas e a opción de premer o botón.
Alguén ten que tomala. Obviamente terá que pola en práctica quen teña a capacidade e a obriga legal de facelo; quen cobra por elo. Agora ben o importante non é quen toma a decisión (que insisto sabemos moi ben a quen lle corresponde), o realmente significativo é en base a qué criterios, en función de que parámetros: técnicos, de oportunidade, políticos, ... A saber¡ A sociedade actual volveuse excesivamente protectora, garantista. Está ben. Non se permite que nengún dos seus compoñentes padeza o mínimo daño ou lesión se antes se poden tomar medidas preventivas de precaución. Mais, tales medidas, ata onde deben chegar? Onde debemos poñer os límites dunha forma razoable? Ben isto a conto da decisión que onte tiveron que tomar os responsables da Consellería de Educación sobre a oportunidade de suspender a actividade lectiva no día de hoxe. Imaxino que barallaron informes técnicos e criterios de oportunidade política para facelo. Considero, tamén, que eran conscientes que tomaran a decisión que tomaran ían ser criticados por elo. É un signo dos tempos. Eles mesmos, de estar noutra situación competencial, serían os primeiros en criticar, ora si ora tamén, calquera camiño tomado. Este tipo de situacións préstanse sempre á controversia. E falando das deste tipo, inevitablemente veñen á memoria aquelas mensuradas declaracións de certa ministra, que dixo:" La borrasca cambio de una forma impredecible, no lo pueden predecir, pero si no predicen los que tienen que predecir cómo piensan ustedes que lo vamos a predecir aquellos que estamos esperando la predicción".
Que difícil é gobernar¡ E cantos sen sabores dá. Se non fose pola vocación de entrega aos demáis¡ Polo espíritu de sacrifício e o cumprimento do deber¡ Que sería de nós¡ De todas formas, ben está o que ben remata.