20/3/11

Efectos da actividade dunha fonte radiactiva


Cando estamos fronte a unha fonte radiactiva, unha das primeiras magnitudes físicas que nos interesa medir é a chamada actividade, é dicir, o número de desintegracións que se producen na mostra radiactiva por unidade de tempo. O coñecemento desta magnitude dános unha medida da velocidade de desintegración. 
As unidades nas que se mide a actividade son o becquerel (Bq) e o curio (Ci). O bequerelio, que é a actividade dunha mostra na que se  produce unha dessintegración por segundo, é a unidade utilizada no sistema internacional de unidades (SI), non obstante ser o curio  a máis empregada.
Con todo o que importa a efectos prácticos é distinguir entre a dose absorbida, a dose equivalente e a dose efectiva. Non será inocente o referirnos a unha ou a outra. 
Para poder saber os efectos de cada tipo de dose podemos, lonxe de recurrir á definición técnica que acaso introduciría máis confusión en persoas non expertas no campo, axudarnos cun exemplo que os profesionais que se dedican a estes temas utilizan con certa frecuencia. 
Supoñamos que a actividade dunha mostra radiactiva a comparamos co fenómeno atmosférico da saraiva. Pois ben, aceptada esta imaxe podemos dicir que a dose absorbida sería a parte da saraiva que impacta no corpo do individuo que sofre a radiación. 
A dose equivalente serían os grans de saraiva e, polo tanto, en función do tamaño destes grans a dose equivalente recibida será maior ou menor. Canto maiores fosen estes grans maior sería a dose equivalente de radiación que recibiría a persoa.
Por último, a dose efectiva sería avaliada en función de en qué partes do corpo do individuo caerían estes grans de saraiva de distinto tamaño. Haberá,  xa que logo, partes do corpo máis sensíbles ás radiacións que outras, a igualdade de dose efectiva recibida.
Cumpriría, pois, que cando os medios de comunicación se refiran á dose de radiación que impacta sobre determinado organismo vivo, e reseñen determiñadas cantidades, especifiquen se a dose é absorbida, equivalente ou efectiva, para poder ponderar mellor a gravidade do efecto.


17/3/11

Gómez Franco pode dar a campanada

Tomás Gómez Franco pode converterse na auténtica sorpresa das vindeiras eleccións municipais e autonómicas. Está a deseñar unha campaña eleitoral á marxe da estratexia concibida en Ferraz e ten creado un  "comité de notables", no cal figuran eminentes persoeiros do socialismo español, que terá como misión asesorar ao candidato en todo o referente ao programa eleitoral.
É evidente que, en principio, e á vista das enquisas preeleitorais non o vai ter doado. Mais non debemos minusvalorar as súas posibilidades dado que se trata dunha personaxe que, até o momento, resultou sempre vencedor en todas as contendas ás que se presentou, mesmo enfrontándose á cúpula do seu partido nunhas circunstancias nada favorables, e saíndo gañador.
Parece ser que é unha persoa con baraka e, polo tanto, non se sente derrotado por moi dificultosa que sexa a empresa que teña que enfrontar.
Desde logo se é quen de gañar as eleccións autonómicas na comunidade de Madrid, aínda que sexa por escaso marxe, eu xa sei quen vai ser o candidato do PSOE nas próximas eleccións lexislativas. 
Daquela pouco importará a decisión que tome, se é que non o fixo xa con antelación, o actual Presidente do goberno, pois a impronta de vencedor nato de Tomás Gómez fará que o partido o elixa cuasi por aclamación; e os cidadáns da comunidade de Madrid que o votaran saberán desculpar, dadas as escepcionais circunstancias que confluirían no caso, o feito de que abandonase a comunidade para aspirar a máis altas cotas de poder. 
Sendo isto asi, o actual xefe da oposición debería poñer as barbas a remollo.
O efecto Gómez Franco podería levalo por diante, electoralmente falando claro.

15/3/11

A agonia da enerxía nuclear de fisión


Ate que o goberno de Xapón non recoñeceu a existencia de fugas radiactivas nun dos reactores da central nuclear de Fukushima, debido á apertura dunha fenda na vasixa do reactor como consecuencia da explosión que tivo lugar dentro do edificio de contención, os defensores da enerxía nuclear de fisión tiñan moi serios argumentos, malia a magnitude da catástrofe que acontecera ata eses momentos, para seguir a defender a súa necesidade e idoneidade para producir enerxía eléctrica, é dicir, serias razóns para continuar a defender a súa existencia.
Tratábase dun reactor nuclear de primeira xeración que tiña soportado un dos maiores incidentes ou eventos que se puidese ter imaxinado no momento do deseño dos sistemas de seguridade: un tremor de 9,0 graos na escala de Richter e un posterior sunami de proporcións espectaculares. Non eran necesarias máis probas para constatar a seguridade deste tipo de instalacións. A central nuclear tiña resistido en condicións extremas dificilmente imaxinables.

Pero todo cambiou cando se recoñeceu a evidencia de fugas radiactivas. Ya non vale a comparación interesada afirmando que non estabamos fronte a  outro Chernobil. Con escape radiactivo continuo á atmosfera, por pequeno que este sexa, a situación con que se avalía o incidente cambia radicalmente.

Ademáis, xa nunca máis debera ser admisible o argumento do menor custe do Kw.h nuclear fronte a outras alternativas se englobamos, como parece inevitable a partir de agora, nos custes de xeración os provocados para facer fronte a catástrofes desta natureza.

Haberá quen, a pesar de todo, siga a optar por esta forma de obter a necesaria enerxía, mais deberá facelo dando una explicación satisfactoria a qué facer se nos enfrontamos, de novo, a unha situación similar á acontecida. Os custos en seguridade poderían ser tales que fixesen prácticamente inasumible calquera inversión dunha empresa privada para construir novas centrais. Daquela, estará máis perto a tan ansiada solución da obtención da enerxía eléctrica a partir da enerxía nuclear de fusión, toda vez que é de esperar que os recursos para a investigación, desenvolvemento e posta en práctica aumenten de forma significativa.


7/3/11

Perdas, loitas e resistencias.



Brillante speech deste profesor portugués que, máis aló da temática concreta que aborda, alude a algunhas cuestións ao meu ver fundamentais relacionadas coas formas de loita e resistencia neste tempos incertos e cambiantes.
A intervención é un pouco longa de máis para os usos que se adoitan tomar como estándar nestes medios (seica un video que dure máis de dous ou tres minutos non o visiona case ninguén, sobre todo se non mostra imaxes impactantes, aconteceres hilarantes ou supostas chances para rirse ou maravillarse dos demáis) mais eu acho que aínda é un pouco curto dada a intensidade do discurso que reflicte e sobre todo a fondura e oportunidade da mensaxe. Escudriñemos minimamente.
1º Cuestión de acreditar. Algunha xente, cansa de loitar con métodos quizáis desfasados e que acredita inócuos e inofensivos para o sistema, retírase aos seus aposentos á espera de tempos mellores para que dea tempo a que se renoven as formas de protesta e de contestación. Acreditan que seguir a insistir no mesmo de sempre (manifestacións, concentracións, folgas de un día,...) para dar resposta a determinado tipo de conflitos, ademáis de canso e rotinario, ten, en xeral, uns resultados prácticos cuase nulos. Como afirma o interlocutor referíndose a alguén ausente, quen antes era unha entusiasta na protesta agora tornouse pasiva ao perder a fe na mudanza. Quen acreditaba que podía mudar o mundo agora acredita que foi o mundo quen a mudou a ela. E non é a única.
2º En tódolos sitios cocen fabas ou como o sistema perfecciona os seus métodos de control. Os distractores sociais seguen a estar ben engraxados.
3º Medidas para rematar co ensino público existente. Parece que os ventos sopran neste sentido en moitas partes. Reduccións, recortes, reconversións, aforro no transcendente e principal e derroche no accesorio e secundario.
4º Propostas de resistencia. A pesar de todo resistir pode ser un camiño, mentras reflexionamos e inventamos novas formas de ser para poder estar máis firmemente asentados para aguantar os embates cada vez máis fortes, cada vez máis violentos.

Decisión

Se temos en conta as previsións da maioría das enquisas e sobre todo a última do CIS de hoxe mesmo, resulta realmente sorprendente que Pode...