14/7/12

Non por esperado deixa de ser lamentable

11/7/12

E o peor aínda está por vir...

Pois si, os señores de negro xa están aquí. A ninguén lle debera coller por sorpresa esta visita. Hai moito tempo que era unha situación anunciada. Só quen non quixo ser consciente da perspectiva social e económica dos últimos anos pode agora levar as mans á cabeza. E estes señores veñen para quedarse... por moito tempo. Un pequeno relato.
Pertenzo a unha xeración que aínda ten memoria histórica dos relatos de pais e avós sobre os tempos difíciles que se viviron nas décadas dos anos trinta e corenta do século pasado. Mesmo cheguei a ter experiencia indirecta de certas formas de miseria, escasez e privacións. Por esto non será moi complicado retomar actitudes e situacións do pasado para enfrontar, non con dificultades, os tempos difíciles que se aveciñan. O problema é para as xeracións máis novas, a dos meus fillos por exemplo, que non posúen estas vivencias, estes mecanismos de comprensión da realidade e, pola contra e afortunadamente, sempre viviron en ambientes de abundacia relativa e niveis de vida farturentos. Para eles o choque coas consecuencias sociais e económicas das medidas que se están a tomar para tratar de superar a grave crise que padecemos vai ser brutal e as dificultades para superalo enormes. Tantos recortes nos máis variados aspectos e campos non traerán, a curto prazo, nada bó e si moita desesperanza, angustia e atraso, moito atraso.
Moitos temos a impresión de que sempre se lle piden sacrificos aos mesmos, aos que máis doado e simple resulta facelo. E moitos tamén temos a certeza de que estes deberan repartirse dunha forma máis equitativa e proporcional entre todas as clases e sectores sociais e económicos. Os que moito teñen están a contribuír mínimamente e os que algo ou pouco atesouran fanno de forma inxusta e desproporcionada. Por todo elo precisamos políticos emprendedores, que se apliquen en carne propia as recetas que predican para o resto da sociedade. Políticos capaces de tomar as medidas necesarias para repartir con mediana xustiza as cargas que a crise nos presenta, que digan a verdade da súa actuación, que razoen e expliquen os cambios nas súas prácticas e que resistan as presións dos poderes fácticos ou ben que teñan a valentía de retirarse con dignidade. Políticos que tomen as decisións oportunas para permitir que os auténticos responsables da actual situación de ruína entren polo aro da xustiza e se enfronten á realidade das súas accións ou omisións.Nada diso parece ser que vai a acontecer. Consecuentmente, a sociedade corre o perigo real de atomizarse, de radicalizarse e, a seguir, de descompoñerse dadas as desigualdades brutais que se xenerarán e a percepción da grave inxustiza que se está a cometer. Até pode que aprezan fenómenos de anomia social. Cabdo falla a confianza e as máis elementais normas morais todo pode acontecer. A historia pode ensina a quen se deixa.
Mais, como é que puidemos pasar, en apenas uns anos, da fartura do cheque bebé para todos, con independencia da súa renda, á lastimosa situación actual de recortes reiterados dirixidos sempre aos mesmos sectores sociais? En qué cabeza cabe semellante enormidade! Canta xente con responsabilidades a diferentes niveis e sectores tiveron que realizar tan defectuosamente o seu traballo de dirección e control! Pero en qué país estamos! Algúns dirán nun cheo de lacazáns, pícaros, malandros e ladróns. E non lles faltará razón, á vista dos feitos.
E agora que? Que facer? Como encarar esta situación? Unha cousa teño razoablemente clara: non cos vellos métodos de loita e resistencia que teñen xa demostrado dabondo a súa ineficacia. Necesitamos inventar outros que dirixan a súa acción deica aos focos de poder responsables desta situación e causen aí o seu efecto. Para identificar a estes últimos parece que hai xa un consenso establecido. En todo caso, que confuso está todo.


14/5/12

Lecer

Praias para gozar:

Praias de Rios
Penedo Furado - Vila de Rei
Praia de Vila Nova de Milfontes (Furnas) - Odemira
Praia Fluvial de Loriga - Seia

Praias de Albufeiras e Lagoas
Albufeira do Ermal - Vieira do Minho
Albufeira do Azibo (Ribeira) - Macedo de Cavaleiros
Vale do Rossim - Gouveia
Praias de Arribas
Praia da Arrifana - Aljezur
Praia de Odeceixe - Aljezur
Praia do Meco - Sesimbra
Praias de Dunas
Carvalhal - Grândola
Praia da Ilha de Tavira - Tavira
Praia do Porto Santo - Porto Santo
Praias Urbanas
Costa Nova - Ílhavo
Praia da Zambujeira do Mar - Odemira
Troia-Mar - Grândola
Praias Selvagens
Canto Marinho - Viana do Castelo
Fisgas de Ermelo - Mondim de Basto
Lagoa do Fogo - Ribeira Grande, São Miguel, Açores
Praias de Uso Desportivo
Praia de Ribeira d´Ilhas - Mafra
Praia do Guincho - Cascais
Supertubos - Peniche

24/4/12

Não é bom crear confusão

Polo tanto cómpre clarexar:
  • POLÍTICA: marco xeral no que se desenvolve unha organización.
    • PLAN: conxunto orgánico de directrices e medidas dirixidas a conseguir unhas finalidades; constitúe a definición dos principios da organización.
      • PROGRAMA:  conxunto de obxectivos e modalidades de actividades determinadas no espazo e no tempo en función dos recursos dispoñibles.
        • PROXECTO: conxunto de accións concretas, con todos os seus datos técnicos, que se deselvolverán para conseguir os obxectivos.
A cada quen o seu.

22/4/12

Veñen para quedarse

Finalmente xa temos negro sobre branco e en papel oficial as medidas necesarias para...
  • Real Decreto-ley 14/2012, de 20 de abril, de medidas urgentes de racionalización del gasto público en el ámbito educativo.
  • Real Decreto-ley 15/2012, de 20 de abril, de modificación del régimen de administración de la Corporación RTVE, previsto en la Ley 17/2006, de 5 de junio.
 Algúns xa poderán durmir tranquilos sabendo que dentro de moi pouco xa terán o potente instrumento nas súas mans. Outra cousa é que sexa tan efectivo como no pasado. A xente xa non se deixa adocenar tan doadamente como antes e ademáis existen as redes sociais. Non sei, non sei ...


Decisión

Se temos en conta as previsións da maioría das enquisas e sobre todo a última do CIS de hoxe mesmo, resulta realmente sorprendente que Pode...