2/12/08

Omnipresente deporte











Xa estou farto, saturado.
Cada día que pasa teño a crecente sensación de que estou a recibir moitas noticias relacionadas co deporte de alta competición que outros practican para mellor gloria dos seus bulsos.
E non estou a falar dos xornais, revistas, radios, televisións ou webs especializadas nesta temática, non. Refírome aos medios de comunicación de carácter xeneralista que por forza teño que ver e visitar para contrastar informacións e, tamén, para ver isto ou aquilo que me poida interesar polo motivo que sexa. E, ás veces, só percibo, con fastidio e cansazo, aspectos relacionados co feito de que a tal ou cal fulano lle doe este ou aquel músculo ou articulación e que polo mesmo prevese que estea de baixa tres ou catro semanas. Por min como se fuma en pipa¡.
Outras veces interesantes programas, na radio sobre todo, teñen que deixar paso, dous ou tres días á semana dependendo da época do ano, ás retransmisión das diferentes competicións europeas.... de fútebol, loxicamente. Porque, basicamente do chamado deporte rei é do que me estou a referir.
Balóns, balóns, máis balóns. Goles maravillosos, partidos históticos, remontadas épicas...
Banalidades supremas¡
Presentadores, presentadoras, políticos, afamados profesionais, reputadísimos periodistas, respetabilisimos profesores, doctas escritoras, sesudos intelectuais, ninguén se libra da escravitude e da servidume (a invecilidade da broma e da chance hai que facela, seica vende e queda bonita)
Que tempos¡¡
Cando lia Hermano Lobo e outras revistas similares a finais do franquismo cría terme liberado da papanata forofada, tendo en conta que xa tiña pagada unha forte peaxe despois de practicamente inaugurar uns anos antes o As color e fartarme de lelo e, sobre todo, miralo porque o que se di texto tiña pouco, a penas uns pes de fotos . Pero vese que o asunto é máis complicado.
Resignación (non sei se cristiana).

14/11/08

Tempos novos, vellas inercias.



A recente campaña electoral nos EE.UU. vai supoñer un antes e un despois no deseño e na forma de enfrontarse á comunicación das mensaxes políticas dirixidas ao corpo electoral. As formas tradicionais de facelo hai xa tempo que están a esmorecer no referente a súa eficacia. Aos mítins só acode xente afín, militantes e simpatizantes que coa súa presenza homologan e adornan a imaxe do acto de acordo aos cánones vixentes. Non sirven para informar nin moito menos para formar opinión. Esta xa está suficientemete formada. E aínda que cada día máis se utilizan as modernas tecnoloxías da información e da comunicación para transmitir a mensaxe (blogs, e-mail, video, incipientemente wikis) esta utilización non foi ata o momento nin maioritaria nin interactiva.
O uso que fixo o equipo electoral de Barak H. Obama das TIC foi cualitativa e cuantitativamente diferente a calquera outro uso anterior. Foi moito máis poderoso e eficaz ao apostar dedididamente polo seu emprego intenso, aproveitando todas as súas posibilidades, tanto para recadar recursos como para armar grandes redes de apoio e propaganda. Esta forma de facer xa está madura para ser usada a gran escala. Así o recoñecen o presidente electo e o seu vicepresidente, ao declarar as súas intencións para o futuro: "debemos empregar todas as tecnoloxías e todos os métodos para abrir o goberno federal e dar aos americanos a posibilidade de participar nas deliberacións e nos procesos de toma de decisións do goberno de formas que non eran posibles ata hai poucos anos".
A lei de ferro que ata momento se aplicaba no funcionamento do núcleo dirixente das grandes organizacións (nomeadamente políticas e sindicais, pero non só) está a punto de esmorecer. Cada vez será máis complicado xustificar o por que un reducido grupo de persoas deciden unilateralmente accións e medidas a tomar cando poderían ter consultado de forma rápida e eficaz aos seus afiliados e/ou militantes sobre o que facer, e así ter máis elementos de xuizo.
A máquina da democracia directa xa existe e pode usarse. As vellas inercias poderán impedir o seu funcionamento? Non creo.

5/11/08

Yes We Can

  • Intentar ser mellores persoas.
  • Dedicar máis tempo á nosa xente.
  • Ignorar as estupideces e imbecilidades.
  • Prácticar a reflexión.
  • Educar a sensibilidade.
  • Axudar aos demais.
  • Denunciar os abusos.
  • Preocuparnos só do realmente importante.
  • Distinguir o accesorio do fundamental, a categoría da anécdota.
  • Cultivar a amizade.
  • Aspirar a practicar a xustiza.
  • Vivir a vida... que pasa, e non volve.
Parabens, Sr. Obama: o dito, esperemos que sexa para ben.

Decisión

Se temos en conta as previsións da maioría das enquisas e sobre todo a última do CIS de hoxe mesmo, resulta realmente sorprendente que Pode...