17/6/08

Delhi Palace


Cando hoxe pasaba pola porta Faxeira, camiño de disfrutar coa interpretación de Silvana Mangano en "Bellisima", resulta que recibo un panfleto de propaganda dun novo restaurante indio que abriron en... Pontevedra. Efectivamente, na vila que da de beber a quen pasa. Xa comprendo, abrir o primeiro hai que facelo nalgún sitio. Outra cousa é procurar ampliar o potencial mercado e, aínda que a vila do Lérez é bó lugar para abrir negocios deste tipo, nunca está de máis recabar a axuda da capital e de algunha que outra cidade do contorno. De verdade haberá algún que se desprace ata Pontevedra para degustar as gambas Balti (8,50€), o cordeiro Rogan Josh (7,50€) ou o pan Keema (1,80%)?
Estou certo. Ao fin e ao cabo, xa o dicía o mestre taurino sevillano "hay gente pa tó".

9/6/08

Paseando por parte da Macaronesia


Foron días de descanso. Tamén días para coñecer e experimentar. Hernán Peraza e Beatriz de Bobaría foron os nosos ciceróns. "La mar estaba hechada" dicía a pamposa Paquita. A laurisilva e o tajinaste (ela fíxonos saber que non confundíramos con "trajinaste")foron descubrimentos.
Soicick (alias "Susuki") púxonos no punto de mira ao almogrote, ao guarapo (co seu inevitable guarapero) e ao gorrerón. Oscar argumentou a favor do "sumo de papaia". Acompañados co son do timple a chácara e o tambor desciframos os silvos da linguaxe dos 4.000 termos. Comimos chochos e admiramos calados. Tamén padecimos certas carencias no campo dos indicadores. Con todo, o mar de nubes e o triángulo de primavera compensou con creces certas descontinuidades. Voltaremos.

15/5/08

Por fin, algo de tino.



Resultoume moi gratificante atopar unha reportaxe no "País" dun cociñeiro moi recoñecido (tanto coma outros) que está farto de tanta tontería, de tanta carallada. Parece claro que a cultura gastronómica mámase desde pequeno e para algúns de nós faisenos, por veces, moi dificil dicir "si buana" a inmensos pratos de petit delicatessen, a aromas do baleiro, a esencias básicas flambeadas de retrogosto. Todo elo, convenientemente regado co correspondente caldo a xogo. Que non volvan os tempos da fame¡

9/5/08

Slovoj Zizek


Moi interesante o seu artigo no "País" do pasado día 1 de maio.
Lendo a este autor a reflexión e o pensamento agroman ata facer unha espurga creadora. Recoméndoo escarecidamente.

Decisión

Se temos en conta as previsións da maioría das enquisas e sobre todo a última do CIS de hoxe mesmo, resulta realmente sorprendente que Pode...