Chamarédesme inxénuo, idealista ou simplesmente iluso, mais... teño confianza en que isto saia adiante. Xa semella claro que non podemos seguir funcionando con métodos dos séculos XVIII e XIX para gobernarnos no século XXI. Necesitamos máis participación e implicación, máis control, máis democracia. Hoxe é posible.
Canto máis se avanza no coñecemento da materia, máis consciente eres do que ignoras. A ignorancia docta (consciente) substitúe á ignorancia indocta (inconsciente) e, en consecuencia, a ignorancia total mantense constante. Co coñecemento aumenta a ignorancia docta. "Se fosse possível explicar-te tudo, não precisarias de perceber nada"
13/4/13
26/3/13
O de São Fernando é o melhor
Sim, sim, con certeza.
6/2/13
Recordatorio
Aínda que xa algo antigo, cómpre telo sempre presente.
6/12/12
Experimentação
... mais atenção, reparem...
Vamos lá tentar fazer uma experimentação. A pessoa referida vá experimentar qualquer forma de reação?
Àquela
colega de turma, de cabelo comprido
castanho claro, corpo grácil e proporcionado e sorriso sempre nos
lábios, tudo parecia que lhe corria muito bem. Era, e muito bem, uma
pessoa inteligente, capaz, moderna, viajada e muito trabalhadora.
Ela
estava sempre muito ocupada e vinha à sala de aulas na última hora,
apressada, mexendo nos seus cadernos
e pedindo licença para entrar. Por vezes, até se tinha que ir
embora antecipadamente, antes de rematar a lição por mor de chegar
a algum ato ou fazer alguma
tarefa pendente. Tantas eram
as ocupações em que estava a partilhar o seu talento que não se
percebia muito bem de onde é que tirava o tempo. Era tão dinâmica
e ativa!
Contudo,
a nossa protagonista atesourava uma
coisa muito característica que tinha a ver com as qualidades do som:
a intensidade da sua voz era grande, imensa, o tom acentuadamente
grave, que fazia com que a sua
voz fosse um bocadinho presa e possuia um timbre pessoal, próprio,
inconfundível, definitório.
Em definitivo, tinha, e
felizmente tem, uma voz cheia, como os cafés homónimos de
que tanto gostava.
De
seguro que foram os seus quefazeres profissionais os culpados
de que não pudéssemos
continuar a gozar da sua cativadora presença. Foi um prazer tê-la
conhecido. Boa continuação, companheira!
29/9/12
Agora é o momento
Pois si, agora é o momento de axustar cos diferentes candidatos (si, é curioso, os das principais forzas políticas son todos masculinos) ás eleccións ao Parlamento de Galicia o que pensan facer en determinados temas, que adoitan considerarse "menores", en caso de que resulten gañadores e gobernen. Digo temas menores sen moita convicción xa que ás veces convértense en "maiores" en función de determinadas circunstancias (un destes temas aparentemente amorfo e sen importancia, aparecido nos últimos días de campaña, foi extremadamente importante no resultado final das pasadas eleccións por mor do desprezo duns, (ah! "la gouche divine"), a manipulación doutros e o despiste xeral de quen estaba obrigado a respostar a un leque de medias verdades e terxiversacións graves).
En todo caso, e para tranquilidade persoal, eu gostaría preguntarlle aos señores candidatos, agora que podo e sei que de seguro estarán receptivos a elo, a súa consideración e postura sobre os seguintes aspectos e cuestións que ás veces non se reflicten como deberan nos respectivos programas electorais ou ben a súa referencia está agochada e disimulada en oscuras xeneralizacións e tópicos ao uso que non comprometen a case que nada. Son, sen ánimo de exhaustividade, os seguintes:
- Medidas, acordos e propostas para mellorar e ampliar a democracia participativa en períodos non electorais.
- Ampliación e mellora da medida de iniciativa lexislativa cidadá
- Introdución dun mecanismo de participación no debate e elaboración das diferentes normativas
- Asistencia ás comisións parlamentares baixo certos supostos coa posibilidade de facer preguntas aos comperecentes
- Actuacións que garantan o cumprimento do programa electoral. Establecer un compromiso de demisión en caso de incrumprimento grave (haberá que pensar ben o que se escriba e prometa e non será válido o recurso á herdanza recibida ou a imperativos da realidade para non poder levalo á práctica: se un non é quen de cumprir o programa co que se presentou ten que presentar a demisión toda vez que debe entenderse que o voto é para cumprir dito programa, non para avalar calquera outro tipo de política).
- Aumento da transparencia e do acceso aos expedientes da administración. Información ampla e clara á cidadanía sobre diversos temas dos diferentes sectores da administración. Arbitrar un mecanismo de participación cidadá nas principais mesas de contratación públicas establecendo os canles necesarios para facelo efectivo.
- Compromiso preciso e inequívoco de que en caso de que un xuíz ou xuíza impute un delito a un membro do goberno, alto cargo do mesmo ou deputado/a do Parlamento, presentará inmediatamente a demisión, con independencia da presunción de inocencia e das garantías de defensa que o asistan. (que o concernido exerza no seu día, se é do caso, as accións que lle correspondan contra quen truncou a súa carreira política sen ter motivos e probas suficientes para condenalo por aquelo do que se lle tiña acusado)
- Utilización do parque móbil oficial. Delimitar claramente quen, e baixo qué circunstancias, vai facer uso do coche oficial. Semella oportuno e exemplar, nos tempos que corren, que só o Presidente da Xunta, Presidente/a do Parlamento e, quizáis, Conselleiros/as, deban ter acceso a este tipo de servizo. Ben sabido é que antes de ir para os cargos os señores e as señoras candidatos/as sabian, na imensa maioría dos casos e, do contrario, hai transporte público, conducir. Non se comprende ben por qué motivo non puideran seguir facéndoo.
- Políticas a seguir de cara ás subvencións. Cómpre saber qué tipo de sectores e actividades, e baixo qué condicionantes e/ou circunstancias, van ser obxecto de subvención. Seguiranse a dar axudas públicas ás empresas propietarias dos medios de comunicación? En caso afirmativo con qué criterios e cuantía? Cómo se regulará a publicidade e propaganda encuberta baixo a sinatura de convenios varios para dar cobertura informativa a depende de qué tipo de actos? É importante, tamén, aumentar o control público sobre o detino final destas axudas e vixilar que se cumple o estipulado ao respecto na lexislación.
- Ampliación e mellora da declaración de bens dos membros do goberno e do Parlamento, ampliando esta obriga aos altos cargos.
- Establecemento dun sistema retributivo máis claro e transparente con información pública das nóminas dos membros do gobernos, deputados/as e altos cargos. O cidadán que paga debe coñecer a cuantía e os conceptos daquelo co que contribúe.
- Crear a figura de "titoría" cidadá por parte dos políticos elexidos. Os/as deputados/as do Parlamento terian de reservar unha hora mensual da súa dedicación parlamentar para recibir aos cidadáns pertencentes á circunscrición pola que acadou a súa acta de deputado/a, que mostrasen o seu interese en determinado tipo de actuacións e traballos nos que estivese a intervir o/a parlamentario/a.
- Medidas políticas, económicas e sociais que se levarán a cabo para tratar de impedir que non se rache o Contrato social así como, eventualmente, aquelas outras que puidesen melloralo.
Agora é o momento de axustar, controlar e esixir estas e outras cuestións. Dentro dun mes, deberíamos sabelo, xa será tarde. Daquela só poderemos "tirarlle do aire".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
A praia
A praia pode ser ese lugar que observa o marido, descansado e compracido de que a súa muller se torre confortablemente ao sol ao carón de ou...

-
Era pola metade do serán. Nesa hora en que xa é tarde para tomar un café, un té ou unha copiña de licor pero aínda demasiado cedo para sabor...
-
A VIDA A vida escápaseme entre tardes de lectura e noites de insonnio. A vida comprímese entre lembranzas posibilistas e accións imposibles...
-
A praia pode ser ese lugar que observa o marido, descansado e compracido de que a súa muller se torre confortablemente ao sol ao carón de ou...