- "En estos tiempos de naufragio y ruina, el único poder que puede fortalecernos es un pensamiento inteligente y claro" The New Republic, citado no artigo "Elogio de la razón" de Soledad Gallego-Díaz no xornal El País.
- É o crecemento económico a base do benestar?Acaso un consumo en constante aumento, a parte de ser un imposible, favorece o desexo e a felicidade?Temos que aceptar que a desigualdade, sobre todo económica, é un feito natural?É a competencia condición sufiente para a xustiza social?Zygmunt Bauman, e non só el, cre que non.
- Hai formas mellores de promocionar un monumento ao mesmo tempo que se coida o pequeno xardín da súa fachada. As seguintes fotos mostran que o valado de metal, por circunstancial que sexa, afea de forma inmesericorde a fermosa construción. Hai cousas de difícil entendedeira.
Canto máis se avanza no coñecemento da materia, máis consciente eres do que ignoras. A ignorancia docta (consciente) substitúe á ignorancia indocta (inconsciente) e, en consecuencia, a ignorancia total mantense constante. Co coñecemento aumenta a ignorancia docta. "Se fosse possível explicar-te tudo, não precisarias de perceber nada"
10/3/15
Anotacións ao fío
Labels:
crise.,
monumentos,
Reflexión
5/2/15
O importante e o accesorio
O intelixente é conservar en bo estado os monumentos para poñelos en valor, proxectalos convenientemente e lucilos o mellor posible.
O importante son as obras feitas, as reparacións realizadas e os arranxos producidos. O accesorio é a empresa que as fai que non debería ter máis realce que o feito de saber que as fixo e que pode, no seu caso, afrontar posibles reclamacións por non ter executado con dilixencia, corrección e idoneidade as obras proxectadas.
Pero non sempre é así. Vexan senón a seguinte imaxe. Fala por sí soa. Consecuentemente sobran comentarios.
Labels:
estropicios,
monumentos,
Reflexión
9/12/14
(Re)Descubrindo a Ribeira Sacra
O evento tivo un parto non exento de dificultades xa que fronte a alternativas máis distantes e, a priori interesantes, finalmente saíu triunfante aquela que viña avalada con promesas de ríos fermosos, monumentos ancestrais, bosques exuberantes e animados, montañas imponentes e rexas, muros de pedra labrada robustos, pousos e aromas de cidade pequena, cercana e, ao mesmo tempo, incerta, aires de vilas auténticas, parroquias e aldeas de intenso vigor e sabor.
Sabiamos, e agora sabemos aínda mellor, que o evento ofertaba unha contorna natural e paisaxística de primeira magnitude, que condensaba alimento físico e espiritual, intelecto e paixón, arte e tradicións, sensacións e reflexións.
Feita a cata, temos que dicir que para o viaxeiro atento destacan as construcións milenarias, os toques de cosmopolitismo, os filamentos de modernidade, a harmonía e estrutura de pedra asentada, a cromaticidade de córes distribuidas seguindo pinceladas de artista veterano, os sons debedores de compases sabios e, como era de agardar, aventuras imprevistas, auga, pan e viño. Sobre todo auga, pan e viño.
Como non podía ser doutro xeito fixemos unha rota de pequeno percorrido e grandes sensacións. De escasa dificultade mais de grande fermosura. No seu tránsito puidemos apreciar o traballo ben feito, o amor á terra e o agromar da riqueza a partir de excepcionais condicións naturais e contrastada sabiduría para transformar a posibilidade en realidade, o amorfo en estruturado o terruño abandonado en recuperado. E autenticidade, pois aínda observamos lavar as tripas_tempo de matanza_ nos regatos, como antano: avós, pais e netos colaborando, conservando tradicións, ensinando uns, aprendendo outros.
![]() | |
O pozo onde poden beber as bestas, o pozo que da vida e, ás veces, morte. |
Durante a andaina topámonos con plantacións de árbores autóctonas, vistas espectaculares e panorámicas atraintes.
O rota ten un remate espectacular xa que o fai nunha fervenza dividida por tramos que morre no Sil entre macizos imponentes e rumores penetrantes.
Tamén visitamos unha adega chefiada por un bodegueiro-dandy que nos ilustrou, non de balde, sobre os coidados e características dos viñedos da zona. E na cidade que tomamos como base visitamos monumentos de realce e agasallamos ao noso corpo con esmeradas iguarias ben regadas con líquidos amorosos.
Infelizmente non puidemos facer uso da praia fluvial do cabo do fin do mundo, pero aí fica a referencia para tempos estivais.
O pai Miño, o caudaloso Sil, os bosques autóctonos e as igrexas, capelas e mosteiros foron os nosos acompañantes. Ficamos agradecidos.
En resumo: xornadas intensas, completas, variadas e agradables, estancia próxima e confortable, viaxes rápidos e dilixentes, andainas saudables, viandas variadas, no punto e ben preparadas, caldos_dos dous tipos_sabrosos e abondosos e, o máis importante, risas, ditos, acontecidos, anécdotas, festexos, celebracións sorpresa, reflexións... e todo baixo o abrigo do manto da amizade dándonos amparo e agarimo.
Portugal, por esta vez non puido ser, pero será.
Labels:
Camiñadas,
lecer,
reflexión.,
Viaxes
3/6/14
Marketing
Explica Zygmunt Bauman no libro Bauman, Z & Lyon, D. Vigilancia líquida. Barcelona: Paidós, 2013, que calquera marketing, para ser eficaz, require tanto do coñecemento dos grupos que non son aptos como obxectivo de vendas, como da identificación dos grupos que serán o "obxectivo" preferido do esforzo comercial. E, a seguir, achega un exemplo que pola súa clareza e certeira identificación paso a citar no orixinal. A cita é un pouco extensa, mais acho que merece a pena:
"Un buen, aunque arquetípico, ejemplo de la relación entre ambos tipos de vigilancia institucional es el software desarrollado para las empresas que necesitan procesar las llamadas entrantes. Este software permite que los que llaman sean clasificados y separados para recibir un trato diferenciado, de acuerdo con la posibilidad que presentan (o no) de mejorar los beneficios de la compañía. Los individuos que llaman y que parecen prometedores son puestos en espera pero atendidos casi inmediatamente por operadores seniors con poder para tomar decisiones en el acto. En el otro extremo, aquellos que no resultan prometedores esperarán quizás para siempre, recibiendo mensajes repetitivos y aburridos intercalados entre músicas repetitivas ad nauseam y con promesas grabadas de ser conectados con el primer operador disponible. Si el intruso sobrevive al trato y a la burla que esto implica, y se niega a colgar, él o ella será conectado con un operador de bajo rango sin poder alguno para resolver el problema que motivó la llamada (que suele ser una reclamación)".
Agora, díganme se algunha vez non se sentiron identificados, e até diría que atrapados e maltratados, neste tipo de prácticas.
Só desexo que, alomenos, algún ou algunha de vostedes tivese a experiencia, e a sorte, de perceber que pertencía ao grupo de aqueles individuos que o software de turno clasificase como seres prometedores.
Labels:
economía,
socioloxía
22/5/14
É tempo de preguntar...
Estando xa moi perto
as eleccións ao Parlamento europeo aínda estamos a tempo de inquerir dos
candidatos cales son as súas opcións sobre determinados temas. Dou por
sentado que o elector responsable terá lido algúns programas electorais,
alomenos os das opcións políticas que mellor expresan as súas ideas, e
recopilado información sobre as diferentes candidaturas para, en caso
necesario, poder ponderar cal é a máis acaida na preferencia de voto.
Mais aínda restan por saber algúns detalles de certa importancia.
Vexamos algúns deles:
-
O señor ou señora candidato/a, unha vez electos, farán uso de todos os
privilexios que comporta o seu cargo? Ou, vista a desproporción dalgúns
deles, sobre todo se nos fixamos na crecente desigualdade social que
padecemos, estarán dispostos a minorar o seu uso e disfrute? Poñamos por
caso, e só por citar un exemplo, viaxarán sempre en clase turista e
doarán os recursos aforrados a calquera institución benéfica? Hai alguén
que xa viña tendo este comportamento. Cundirá o exemplo? Pregúntenlles
que teñen pensado facer ao respecto.
-
O futuro parlamentario asitirá as todas as sesións de traballo en
horario completo ou ben os xoves polo serán ou venres de mañanciña fará
só acto de presencia para de contado coller o primeiro avión que saia
para o seu lugar de destino?
-
Trataron de averiguar vostedes cal foi a actividade parlamentaria
(iniciativas, intervencións, preguntas, traballos...) dos candidatos que
se presenta á reelección? Sei dalgúns que presentan unha folla de
servizos raquítica. Cal é a súa xustificación?
- Acaso teñen pensado arbitrar un sistema público e transparente á hora de contratar aos seus asesores e colaboradores?
-
Teñen establecido un calendario e un plan de actuación para poder
recibir visitas dos electores en caso de que estes mostren interés en
contactar?
-
Comprométense a demitir de forma inmediata se a súa conduta non
responde á dignidade do cargo? É dicir, se por acaso se atoparen
incursos en algún procedemento xudicial? Estaría ben saber cal é a súa
postura ao respecto.
- Farán de forma voluntaria unha completa declaración de bens, ampliando a que teñen que realizar por imperativo legal?
Por
último, unha reflexión. Da mesma forma que non todos os cidadáns somos
iguais, tampouco os políticos son todos iguais. De ningunha forma. Se
acaso uns son máis iguais ca outros, mais teño o convencemento que
algúns son ben diferentes. O meu problema, e quizáis tamén o de
vostedes, é o de identificar ao mellor destes últimos e que,
loxicamente, responda á miña filosofía e práctica política. Remato cunha
obviedade: como poderán percibir, eu teño pensado exercer o meu dereito
e ir votar. Vostedes verán...
Labels:
eleccións,
reflexión.,
socioloxía
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
A praia
A praia pode ser ese lugar que observa o marido, descansado e compracido de que a súa muller se torre confortablemente ao sol ao carón de ou...

-
Era pola metade do serán. Nesa hora en que xa é tarde para tomar un café, un té ou unha copiña de licor pero aínda demasiado cedo para sabor...
-
A VIDA A vida escápaseme entre tardes de lectura e noites de insonnio. A vida comprímese entre lembranzas posibilistas e accións imposibles...
-
A praia pode ser ese lugar que observa o marido, descansado e compracido de que a súa muller se torre confortablemente ao sol ao carón de ou...