18/3/16

Problemas que a todos nos deberían importar


Son aqueles relacionados coa saúde do planeta que habitamos, non se sabe por canto tempo, e que inflúen tamén na nosa dunha forma cada vez máis evidente. 
Enumeremos algúns dos máis graves, de tipo medioambiental, que están na base da crise ecolóxica que provoca o actual modelo social e económico de crecemento nos países do chamado primeiro mundo incluíndo os chamados BRICS:
  • Contaminación atmosférica, acústica e visual con altos niveis de concentración atmosférica de dióxido de carbono, óxido de nitróxeno e metano.
  • Xestión, transporte e almacenamento de residuos radiactivos de alta actividade, que se xeran como resultado do funcionamento das centrais nucleares de fisión.
  •  Xestión, manexo e control do arsenal de armas nucleares e biolóxicas.
  •  Diminución alarmante da capa de ozono na Antártida e acentuación do desxeo nos polos.
  • Esgotamento de importantes reservas de auga doce e degradación dos solos e aumento da desertificación.
  • Cambios rexistrados na temperatura e aparición, cada vez máis frecuente, de catástrofes naturais severas como consecuencia do proceso de cambio climático.
  • Desaparición de moitas especies animais e diminución da biodiversidade.
  • Graves danos nas zonas costeiras, nos bosques tropicais e degradación, en xeral, do medio natural. 
     
Todos estes sucesos e factores, e algúns máis como a existencia da chuvia ácida, a maior abundancia no aire dalgúns dos gases de efecto invernadoiro (GEI), principalmente vapor de auga, dióxido de carbono e metano, responsables do grave suceso do cambio climático, a polución nas grandes cidades, a desregularización dos horarios con respecto aos ritmos da natureza, o aumento do estrés provocado pola dinámica existencial nas grandes cidades, están na base da maior crise ambiental global da humanidade e xeran un descontento, cada vez maior, en certos sectores da poboación referente ao modelo de desenvolvemento económico que provoca unha existencia marcada pola ansiedade, a tensión, a dúbida existencial e o afastamento dos ritmos e dos equilibrios da natureza. Por este camiño imos mal. Directos ao colapso.

 


No hay comentarios:

Decisión

Se temos en conta as previsións da maioría das enquisas e sobre todo a última do CIS de hoxe mesmo, resulta realmente sorprendente que Pode...