31/12/08

Hoxe é 31 de decembro de 2008




Un ano máis toca divertirse durante a tarde-noite de hoxe.
Pouco importa que non haxa nada que celebrar, nada do que alegrarse (home algo sempre hai, saúde ímos tendo, mellor ou peor, e a nosa xente segue estando aí).
Aqui o importante é pasalo ben por que si. Porque o di o sistema, porque o di o costume, porque o di, seica, a tradición.
Pois ben. Eu rebélome. E coma min cada vez máis xente.
Hoxe para nós será outro día. Non un día calquera, certamente, porque teremos que aturar os condicionantes propios que xeneran as actividades da gran masa que segue a celebrar non se sabe ben qué (eles cren sabelo), e que continúa teimuda conmemorando o hábito finianual.
Un día no que intentaremos sentirnos ben, como facemos a cotío, disfrutando se cadra ou amolándonos se toca. Nada novo.
Algúns anos o tema sae medianamente ben (axuda moito a agarimosa compañía dos amigos) e outros non tanto. É a vida. Pero hai un elemento que nos axuda: a consciencia de saber que nada se perde se un non segue a corrente.
Que cada quen disfrute se así o desexa e que incluso sexa quen de aguantar incomodidades (Desde 1907, es una tradición en Nueva York la celebración del fin de año en Times Square, y la bajada de la Bola de Fin de Año para dar la bienvenida al año nuevo. Pero ¿es esta fiesta el mejor momento para visitar Times Square? ¿Es esta la mejor forma de celebrar el fin de año?
Veamos realmente cómo es un fin de año en Times Square. El 31 de diciembre, la zona de Times Square amanece vallada por la policía de Nueva York. La afluencia de público es tal que la organización del evento es absoluta y a conciencia. A las 4 de la tarde abren las vallas más cercanas al escenario, situadas a la altura de la calle 42. Pero para poder acceder a esta zona privilegiada tendremos que haber hecho cola durante horas, pues son muchos los que desean estar en primera fila y no tantas las plazas posibles. Cuando una zona se llena abren la siguiente, con lo que si no estás en times Square horas antes de las 4 de la tarde es posible que tenga que disfrutar del espectáculo a un buen número de manzanas, lo cual dificultará este disfrute. A las 18 horas asciende la bola de Fin de Año y a las 24 horas baja, y entre las 18 y las 24 horas hay actuaciones para amenizar la espera, pero hemos de ser conscientes de que estaremos todas estas horas (y desde horas antes de las 16 horas) de pie, o sentado en el asfalto, sin muchas más posibilidades. Por lo que, suponiendo que accedamos a las primeras posiciones, habremos estado un mínimo de 10 a 12 horas de pie, en un ambiente parecido al de un concierto, esperando que lleguen las 24 horas del 31 de Diciembre ¿y después? pues ya en año nuevo la gente se dispersa bastante rápido, y todo ha terminado hasta el año siguiente
, pero dende logo eu nesta feira non participo.
Todo isto non impide que lles deselle o mellor para os vindeiros tempos.

28/12/08

Nube de etiquetas



created at TagCrowd.com


Ollo ao colesterol

22/12/08

Benvido Galinux


Aínda que con certos problemas e disfuncionalidades, xa temos ao noso dispor o primeiro sistema operativo libre en galego.Esperemos que sexa o comezo dun longo camiño no desenvolvemento e avance do software libre para os/as galegos/as (obviamente dicir en galego sería innecesario).
Máis información:

2/12/08

Omnipresente deporte











Xa estou farto, saturado.
Cada día que pasa teño a crecente sensación de que estou a recibir moitas noticias relacionadas co deporte de alta competición que outros practican para mellor gloria dos seus bulsos.
E non estou a falar dos xornais, revistas, radios, televisións ou webs especializadas nesta temática, non. Refírome aos medios de comunicación de carácter xeneralista que por forza teño que ver e visitar para contrastar informacións e, tamén, para ver isto ou aquilo que me poida interesar polo motivo que sexa. E, ás veces, só percibo, con fastidio e cansazo, aspectos relacionados co feito de que a tal ou cal fulano lle doe este ou aquel músculo ou articulación e que polo mesmo prevese que estea de baixa tres ou catro semanas. Por min como se fuma en pipa¡.
Outras veces interesantes programas, na radio sobre todo, teñen que deixar paso, dous ou tres días á semana dependendo da época do ano, ás retransmisión das diferentes competicións europeas.... de fútebol, loxicamente. Porque, basicamente do chamado deporte rei é do que me estou a referir.
Balóns, balóns, máis balóns. Goles maravillosos, partidos históticos, remontadas épicas...
Banalidades supremas¡
Presentadores, presentadoras, políticos, afamados profesionais, reputadísimos periodistas, respetabilisimos profesores, doctas escritoras, sesudos intelectuais, ninguén se libra da escravitude e da servidume (a invecilidade da broma e da chance hai que facela, seica vende e queda bonita)
Que tempos¡¡
Cando lia Hermano Lobo e outras revistas similares a finais do franquismo cría terme liberado da papanata forofada, tendo en conta que xa tiña pagada unha forte peaxe despois de practicamente inaugurar uns anos antes o As color e fartarme de lelo e, sobre todo, miralo porque o que se di texto tiña pouco, a penas uns pes de fotos . Pero vese que o asunto é máis complicado.
Resignación (non sei se cristiana).

Decisión

Se temos en conta as previsións da maioría das enquisas e sobre todo a última do CIS de hoxe mesmo, resulta realmente sorprendente que Pode...